Novas de As Pontes
Preparada a VI edición de 'As Pontes, Terra de Cogomelos' para este mes
A iniciativa celebrarase durante dúas fins de semana, os días 23, 24 e 25, e os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro
Convocada unha nova edición de Saborea as Pontes, coa apertura das inscricións desde o luns
Os establecementos hostaleiros interesados en participar poderán anotarse do 19 ao 23 de outubro, en horario de 9.00 a 14.00 horas, nas oficinas de Cohempo
A exposición 'Nós somos Elas' chega á Casa Dospeso das Pontes para reivindicar o papel das mulleres na historia
A mostra reúne 24 retratos procedentes do Arquivo Fotográfico Vidal, realizados por José María Vidal, histórico fotógrafo de Laxe
O MOVA regresará ás Pontes con descontos e premios a fin de semana da Feira de Fungos e Cogomelos
O mercado desenvolverase na avenida da Coruña e poderá visitarse o sábado 31 de outubro, en horario de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.30 horas, e o domingo 1 de novembro, de 10.30 a 14.30 e de 16.00 a 19.00 horas
Remata a segunda fase das obras de mellora da rúa Pardo Bazán das Pontes
As actuacións forman parte dun plan progresivo de rehabilitación da vía, iniciado coa primeira fase en 2022, co obxectivo de mellorar a accesibilidade, a seguridade viaria e a calidade dos servizos
Rematan as obras de urbanización da praza do Barreiro nas Pontes
A actuación contou cun orzamento de 372.644,07 euros, financiado pola Deputación da Coruña
Sara Correia levará ás Pontes a súa voz representativa do fado contemporáneo o sábado
A artista portuguesa presentará no Auditorio Alovi o seu aclamado álbum 'Liberdade', unha obra que leva o fado a novos territorios sen perder as súas raíces
A Casilla, nas Pontes, acollerá unha quedada lañeira este domingo
O encontro desenvolverase entre as 16.00 e as 19.00 horas e busca crear un espazo no que compartir a afección por tecer
As Pontes programa un novo ciclo de actividades infantís dentro de Xoves na Biblio
A primeira cita será este xoves 8 na Casa Dopeso, co espectáculo 'Animais artistas e outras cousiñas', de Iván Dávila
Clausurado o programa integrado de emprego do Concello das Pontes no que participaron un centenar de persoas
A delegada de Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe na Casa Dopeso no acto de clausura deste itinerario formativo financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con 140.000 euros
Recollen doazóns de sangue nas Pontes este martes
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas na praza do Carmen
As Pontes proxecta este venres un documental sobre a vida e obra da fotógrafa Mary Quintero
A Casa Dopeso acollerá hoxe, 2 de outubro, a proxección de ‘Mary Quintero. Máis de 90 anos de creatividade’, no marco da programación cultural de outubro
Goente convoca para o 11 de outubro a celebración da XVI edición da Feira do Queixo e do Mel
A feira reunirá postos de queixo, mel, produtos locais e artesanía e ofrecerá degustacións, obradoiros e actividades para todos os públicos
A Faeira prepara as festas na honra da Virxe do Rosario cunha ampla programación musical
A programación comezará o venres cunha churrascada popular prevista para as 22.00 horas
Organizan nas Pontes dúas charlas sobre o proxecto das instalacións da Rede de Transporte de Enerxía Maciñeira-Naraío
A primeira das reunións terá lugar hoxe, xoves 1 de outubro, ás 19.00 horas, na Asociación Veciñal de Painceiras, en Ribadeume, mentres que a segunda celebrarase o martes, ás 19.00 horas, na Asociación Veciñal de Saa
A Oficina Móbil de Atención aos Retornados estará este xoves nas Pontes
O seu obxectivo é ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e ás súas familias
As Pontes volve convocar o MOVA para os días 31 de outubro e 1 de novembro
Todos aqueles comercios interesados en participar poderán inscribirse, ata o 7 de outubro
As Pontes abre a programación de outono cunha ampla proposta
Reúne música, teatro, cine, literatura, actividades infantís, exposicións e diferentes opcións para todos os públicos
O BNG pide que o concurso de transición xusta das Pontes inclúa tamén proxectos que demanden electricidade
Dani Balseiro reclama un posicionamento consensuado do Concello ante a consulta pública aberta polo MITECO, mentres Carmela Franco solicita convocar con urxencia unha comisión antes do 8 de outubro
As Pontes recupera o cine de estrea trala pausa do verán
A iniciativa, posta en marcha en 2017, regresa á Casa Dopeso cunha nova programación e horarios adaptados ás necesidades e demandas da veciñanza
A Biblioteca Rivera Rouco das Pontes acolle este venres unha nova presentación de libros
As citas celébranse ás 20.00 horas e permitirán coñecer as obras de María Timiraos, Manuel Monge e Anxo Vidal
Un incendio nunha planta de reciclaxe das Pontes deixa un bombeiro ferido
O lume, que afectou a un silo do polígono industrial dos Airíos, quedou controlado mentres continúan os labores de extinción
As Pontes centra a formación da Rede de Experiencias Turísticas do Carbón na transformación do territorio
O programa do MITECO reúne cinco territorios mineiros e busca impulsar novas oportunidades turísticas ligadas ao patrimonio do carbón e á transición xusta
Arrancan nas Pontes as obras de renovación da Rúa Real na súa fase 2
Esta intervención permitirá dar continuidade ás actuacións realizadas nos últimos anos nesta contorna, avanzando na modernización dos espazos públicos




