Novas de Cariño
Aberto o prazo para solicitar as subvencións destinadas ás asociacións locais de Cariño
As entidades interesadas deberán presentar as solicitudes a través da sede electrónica municipal antes do 9 de novembro
O PSOE de Cariño alerta do risco de derrubamento da nave da Ártica e reclama unha intervención urxente
A formación denuncia que os orzamentos da Xunta para 2027 só contemplan 10.000 euros para reparar e conservar as naves de Portos de Galicia e defende recuperar o inmoble para o futuro Museo da Conserva
O Xeoparque Cabo Ortegal será sede en 2027 das XII Xornadas Abertas da Rede de Xeoparques de España
O encontro reunirá previsiblemente en outubro de 2027 máis dun cento de especialistas e representantes dos 18 xeoparques que integran a rede estatal
Cariño ofrece ás mulleres un curso para gañar seguridade, confianza e ferramentas de defensa persoal
A formación será este sábado 10 de outubro no Polideportivo Municipal e combinará técnicas básicas de protección con autoestima e empoderamento
A ITV móbil de ciclomotores fará parada en Cariño o 14 de outubro
A Unidade Móbil 07 estará na Casa dos Oficios de 9.00 a 13.30 horas e será necesario solicitar cita previa
O futuro do Centro de Día de Cariño abre novas dúbidas tras a inclusión do municipio no plan da Xunta
A Xunta prevé unha residencia satélite en Cariño dentro do lote Eume-Ortegal, mentres o Concello presenta a selección como un paso para facer realidade o servizo para maiores
Máis vida e benestar con novas actividades de Cariño para manter corpo e mente activos durante todo o curso
O programa de Envellecemento Activo 2026-2027 ofrece obradoiros de memoria, ximnasia, xogos, novas tecnoloxías, música e baile
O BNG esixe á Xunta que se implique de vez co Xeoparque Cabo Ortegal e reclama dous millóns de euros
Ana Pontón denuncia a falta dun compromiso financeiro estable e propón investir esa cantidade durante os próximos cinco anos para aproveitar o potencial dun territorio recoñecido pola Unesco
U2 e Queen tomarán a Praza Roxa cunha noite de grandes clásicos do rock
MU2 e McKuin ofrecerán este sábado dous concertos tributo a partir das 22.45 horas e da 1.00 horas
O BNG de Cariño reclama protexer as antigas conserveiras Ártica e Centauro ante o seu deterioro
A moción saíu adiante cos votos favorables do BNG e PSOE e a abstención do PP, despois da demolición da nave de Marujita Canela
A eclipse total de Sol chega a Ferrolterra, Eume e Ortegal: consulta cando se verá no teu concello
Toda a comarca quedará dentro da franxa de totalidade e en varios puntos superarase o minuto de escuridade total
A renovación do pavillón municipal de Cariño mellora a seguridade e as condicións para a práctica deportiva
A Xunta financiou o 80 % dunha actuación de máis de 237.000 euros que permitiu reparar a cuberta, renovar a pista e adaptar as saídas de evacuación
A tensión laboral aumenta en Cariño cunha nova protesta pola RPT e a crise do Servizo de Axuda no Fogar
O persoal municipal concentrarase esta tarde coincidindo co pleno no que se debaterá unha moción para desbloquear a negociación da Relación de Postos de Traballo e a situación do SAF
O paseo marítimo de Cariño volverá encherse de deporte coa XVI Carreira Popular
A cita celebrarase este sábado con inscrición gratuíta, un percorrido de 6,2 quilómetros para a proba absoluta e carreiras adaptadas para todas as idades
Solicitan un pleno extraordinario en Cariño para abordar a situación do Servizo de Axuda no Fogar e da RPT
O Grupo Municipal Socialista rexistrou a petición para debater tamén sobre a mesa de negociación da Relación de Postos de Traballo
O persoal do Concello de Cariño retoma as mobilizacións pola falta de avances na RPT
Os traballadores convocan unha manifestación este sábado e unha concentración coincidindo co próximo pleno para reclamar unha negociación 'de boa fe' e reforzos nos servizos públicos
O respaldo do Goberno reforza a candidatura do Xeoparque Cabo Ortegal para revalidar o selo da UNESCO
O subdelegado Julio Abalde destaca en Cariño o investimento de 1,5 millóns de euros para impulsar un modelo de turismo sustentable e lembra que Galicia recibiu máis de 230 millóns para modernizar destinos turísticos










