FerrolXa
O Castro renova a súa sala fitness con máis equipamentos e postos de adestramento
O complexo acuático compartido por Ares e Mugardos reorganiza este espazo e amplía as opcións para traballar a forza, o cardio e o adestramento funcional.
A Xunta Electoral considera que o Concello de Ferrol vulnerou a lei electoral ao promocionar dous proxectos municipais
O órgano de zona ordena retirar as publicacións sobre o Sánchez Aguilera e 'Abrir Ferrol ao Mar' e advirte de que poderá abrir un procedemento sancionador se se repiten actuacións similares
A Deputación da Coruña achega 508.000 euros á UDC para financiar actividades e rehabilitar a aula Xoana Capdevielle
Os convenios inclúen 208.000 euros para programas científicos, culturais e sociais e outros 300.000 para renovar a cuberta do espazo de estudo do campus de Elviña, que conta con 654 postos
O Concello de Ferrol compra 8.000 chuvasqueiros por case 17.000 euros para a afección do Racing
Os ponchos repartiranse este sábado no partido contra a UD Logroñés para paliar as molestias das obras da cuberta de A Malata, unha actuación que deixou o estadio a ceo aberto
Comezan as conversas entre institucións para o aproveitamento industrial do chan
O obxectivo é anticipar a ordenación e posta en valor dos espazos situados nas inmediacións da central térmica e impulsar novas oportunidades empresariais
Unanimidade para impulsar a creación do Consello Sectorial da Memoria Democrática en Valdoviño
O pleno aprobou o regulamento que permitirá constituír este órgano consultivo, no que estarán representados os grupos políticos, as entidades memorialistas e investigadores das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal
O Memorial de Canido acollerá este sábado unha homenaxe ás vítimas do franquismo
A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática organizará ás 12:00 horas unha ofrenda floral con lembranzas especiais a María Vázquez Suárez e Xaime Quintanilla Martínez, asasinados en 1936
Cabanas convoca o seu primeiro Concurso de Luces de Nadal para premiar a decoración das vivendas
A iniciativa, organizada pola asociación El Pinar de la Magdalena e o Concello, establece tres categorías e terá aberto o prazo de inscrición ata o 30 de novembro
Natalia Méndez será homenaxeada en As Pontes con motivo da festividade de Santa Icía
A homenaxe enmárcase nun amplo calendario de actividades, que inclúe preto de vinte concertos ao longo do mes de novembro e que comeza este sábado
Moeche convoca as persoas maiores a unha xornada para mellorar os servizos e a vida no municipio
O encontro celebrarase o luns 9 de novembro no local social de Abade e servirá para recoller propostas de cara á candidatura de Moeche como concello amigable coas persoas maiores
O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG chama a participar na folga xeral
Este xoves mobilizáronse nas sete cidades baixo o lema “Somos maiores, tamén queremos vivir dignamente”
O BNG pide á Xunta e ao Goberno central que apoien a investigación dunha terapia para a Niemann-Pick
Mon Fernández e Néstor Rego rexistran iniciativas para implicar ambas administracións no financiamento dun ensaio clínico que podería abrir unha vía de tratamento para os nenos afectados, entre eles Leo, o pequeno ferrolán
Ruth Ortega leva a Narón ao máis alto do rally europeo co título do TER Ladies Trophy
A piloto naronesa, xunto á copilota Ainhoa Galán, remata tamén en cuarta posición compartida na categoría 2WD cun Peugeot 208
O Concello das Pontes remata as obras dos camiños municipais de Sexe e Pumar-Fragachá
As actuacións, financiadas por AGADER con 120.413,15 euros a través do Plan Mellora de Camiños Rurais 2026-2027, permitiron renovar os firmes e mellorar as condicións de circulación
Unha exposición percorre a historia das mulleres que abriron camiño no ámbito educativo
A Casa da Cultura de Valdoviño inaugura este venres unha mostra con 37 paneis dedicados a educadoras galegas, españolas e internacionais de diferentes épocas
O alcalde de Valdoviño critica que a delegada da Xunta presentase as obras do CPI Atios sen contar co Concello
Alberto González cualifica de falta de respecto institucional a visita de Martina Aneiros, aínda que celebra os 1,51 millóns previstos para rehabilitar o centro, unha actuación que o goberno local reclama desde hai anos
Ortigueira organiza un obradoiro sobre saúde do solo pélvico este venres
A actividade será impartida pola matrona Paula Sánchez no Centro Social de Santa Marta, entre as 16.30 e as 20.00 horas, e require inscrición previa
Eventos
O Puntal acolle un curso municipal para previr accidentes no fogar e aprender primeiros auxilios
Unha decena de persoas maiores participan na iniciativa, que se desenvolverá durante este mes con oito sesións os martes e xoves
Trece establecementos participarán no concurso de tapas Saborea As Pontes
Celebrarase do 12 ao 15 e do 19 ao 22 de novembro, con propostas gastronómicas a 2,50 euros e 1.200 euros en premios
Un inventario en San Sadurniño identifica 75 especies e localiza árbores que poderían ser senlleiras
O estudo contabiliza 893 exemplares en doce parcelas de San Sadurniño e destaca o valor do Arboreto Galego, a horta de froiteiras autóctonas e os antigos xardíns da Marquesa
A Rede de Concellos contra o Cancro suma unha nova adhesión na provincia da Coruña cun festival solidario en Cedeira
O Auditorio acollerá este sábado, ás 20:00 horas, unha nova edición de 'Cedeira canta contra o cancro', con actuacións de artistas e grupos locais e entradas a cinco euros
Sara Guerrero conquista a medalla de prata na Copa de Europa de tríatlon de Ibiza
A deportista do Náutico Narón sobe ao segundo chanzo do podio nunha competición na que España sumou catro medallas
GaliciaXa
A RAG e a Fundación Barrié abren a campaña para elixir a Palabra do Ano
As suxestións do público recolleranse ata o venres 20 de novembro ás 23:59 horas a través do Portal das Palabras
GaliciaXa
As ANPAs da provincia da Coruña poderán solicitar axudas de ata 10.000 euros para actividades educativas e conciliación
A Deputación da Coruña reserva 250.000 euros para financiar programas en centros públicos durante 2027 e abrirá o prazo de solicitudes o 20 de novembro










