Novas de Valdoviño
A Xunta reserva 1,51 millóns para reformar o CPI de Atios, pero deixa fóra o instituto de Valdoviño
O goberno local valora o investimento previsto nos orzamentos autonómicos de 2027, aínda que insiste en reclamar un centro de secundaria con oferta de FP básica para evitar que a mocidade teña que estudar fóra do municipio
Valdoviño invita a participar nunha lectura colectiva sobre memoria histórica democrática en Porto do Cabo
A iniciativa 'Palabras Situadas' celebrarase o 24 de outubro, a partir das 18:30 horas, xunto á ponte medieval de Vilarrube, e rematará cunha actuación musical do dúo MAIO
A Plataforma por un Transporte Digno esixe explicacións á Xunta polos incumprimentos do autobús en Ferrolterra
O colectivo reclama aos alcaldes que pidan contas sobre o control das concesións tras a publicación das compensacións extraordinarias ás empresas
As EDLP financian un proxecto da asociación ASCM para preservar o patrimonio marítimo pesqueiro de Valdoviño
A delegada de Ferrol, Martina Aneiros, foi a encargada de dar hoxe a benvida aos voluntarios da entidade social que iniciaron as sesións formativas no local social de Aviño
Valdoviño inaugura a exposición fotográfica 'Galegos en Mauthausen'
A mostra poderá visitarse a partir de agora na Casa da Cultura ata o vindeiro día 29, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas
Teatro autobiográfico e memoria histórica toman o relevo no ciclo 'Vén o Venres' de Valdoviño
Iria Pinheiro e Butacazero protagonizarán as próximas citas da programación cultural con dúas propostas que abordan o acoso sexual e a recuperación da memoria
A ITV móbil visitará Valdoviño en novembro con paradas en Lago e Vilaboa
As inspeccións realizaranse nos aparcamentos das cooperativas de Lago e Vilaboa, con cita previa a través do teléfono 981 928 080 ou da web de SYC ITV.
O Xeoparque Cabo Ortegal será sede en 2027 das XII Xornadas Abertas da Rede de Xeoparques de España
O encontro reunirá previsiblemente en outubro de 2027 máis dun cento de especialistas e representantes dos 18 xeoparques que integran a rede estatal
Os concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal unen forzas para esixir solucións ao 'colapso' do transporte público
Sete municipios reclaman á Xunta unha reunión coa Dirección Xeral de Mobilidade e a convocatoria da comisión de seguimento da licitación ante as incidencias que están sufrindo os usuarios
Dúas xornadas de formación en Valdoviño para aprender a coidar mellor de persoas dependentes
As sesións, gratuítas e abertas a familias e coidadores, abordarán desde o alzhéimer ata as mobilizacións seguras e a prevención de problemas de saúde
As vacacións, a turistificación e o postureo chegan ao escenario de Valdoviño con 'JASTAC JAPI JOLIDAYS'
Leti da Taberna presenta no Concello o seu novo monólogo dentro do ciclo de teatro 'Ven o Venres'
Un curso gratuito ensinará técnicas de defensa persoal a mulleres en Valdoviño
A actividade celebrarase o 10 de outubro no pavillón de O Longoiro e está dirixida a mulleres de entre 12 e 75 anos, con prazas limitadas.
Máis facilidades para usar o ximnasio municipal con novos horarios e quendas en Valdoviño
As persoas maiores de 16 anos xa poden solicitar o uso das instalacións do pavillón O Longoiro con opcións de mañá e tarde
Cinco anos de investigación recuperan a historia de San Miguel de Aviño e a memoria dunha parroquia
Manuel González Gutiérrez presenta en Valdoviño un libro que percorre a historia da antiga freguesía e afonda tamén nun episodio que puxo en risco o patrimonio da igrexa
Valdoviño recuperará a memoria mariñeira a través dun proxecto que une patrimonio, cultura e inclusión
A iniciativa MARIS, impulsada pola ASCM, dará protagonismo ás persoas con discapacidade na recuperación de saberes, oficios e tradicións vinculadas ao mar
Centos de persoas esixen en Ferrol un transporte público digno e reclaman unha investigación do servizo
A Plataforma por un Transporte Digno denuncia problemas recorrentes nos autobuses, viaxes con pasaxeiros de pé e falta de prazas, mentres reclama melloras tamén na conexión ferroviaria con A Coruña
O transporte público de Ferrolterra, Eume e Ortegal chega ao pleno da Deputación da Coruña entre reclamacións por máis frecuencias e mellores conexións
PSOE e BNG presentaron unha moción conxunta para reclamar á Xunta e ao Goberno central actuacións urxentes por deficiencias no servizo de autobús e no ferrocarril, pero a iniciativa non chegou a debaterse
Eventos
Valdoviño endurece o control da auga ante a prealerta por seca e pide limitar o consumo
O Concello intensificará a busca de fugas e enganches ilegais e poderá precintar temporalmente puntos de subministración en espazos públicos
O Día da Bicicleta de Valdoviño regresará ás Forcadas cun percorrido de 11 quilómetros
A cita será o domingo 27 de setembro, con saída desde O Lameiro e un trazado de dificultade baixa arredor do encoro
A Plataforma por un Transporte Digno pide aos alcaldes de Ferrolterra que se sumen á mobilización deste venres
O colectivo chama aos rexedores da comarca a acudir á concentración das 18.00 horas na praza de España de Ferrol para reclamar solucións ás deficiencias do transporte público
As fugas de As Pías gañan urxencia mentres Ferrolterra afronta a prealerta por seca
A Mancomunidade analizará con Augas de Galicia a reparación das perdas de auga e pide á cidadanía que extreme o aforro ante a situación de escaseza
Valdoviño volverá a contar co vehículo da Policía Nacional para renovar o DNI e o pasaporte
O VIDOC desprazarase á localidade o 6 de outubro e a veciñanza xa pode solicitar cita previa por teléfono
Volven os concertos sen aviso e en lugares inesperados a Valdoviño
Pantinhaus e Dalle que Dalle levarán a música a distintos puntos de Valdoviño dentro dos Asaltos Musicais
Marionetas, títeres e sombras toman Ferrolterra e Miño con máis de 20 funcións internacionais
O Festival Internacional de Entes Animados celebra a súa oitava edición do 12 ao 27 de setembro con compañías de Galicia, Europa e América e espectáculos gratuítos









