Novas de Narón
De Vacas despedirá o ano cunha última ‘Vacanal Sinfónica’ no Pazo da Cultura de Narón
O grupo galego celebrará o seu décimo aniversario o 28 de novembro no Pazo da Cultura, cunha revisión sinfónica dos seus grandes éxitos xunto ao Coro da Ra e unha orquestra creada para a ocasión
A Xunta licitará por máis de 16,3 millóns de euros a construción de 92 vivendas públicas en Narón
Os novos fogares situaranse na avenida 3 de Abril e incluirán vivendas de dous, tres e catro dormitorios, ademais de prazas de garaxe
Máis de 60 músicos de Narón encherán de música o centro comercial Odeón este sábado
A Xove Banda de Narón e a Banda Infantil Sementeira ofrecerán dúas actuacións na praza de eventos entre as 18.00 e as 19.00 horas, cunha representación de músicos de entre 11 e 30 anos
Unha casa do terror, cabazas e un paseo de candeas protagonizan o Samaín de Narón en San Mateo
A festa celebrarase o sábado 31 de outubro con obradoiros, xogos, música en directo e unha degustación de caldo e liscos. O venres 30, o Pazo da Cultura acollerá a proxección gratuíta de 'Monstruos, S. A.'
A Estrada do Feal terá beirarrúas en 2027: Narón achega á veciñanza os planos da humanización
O Concello organiza seis xornadas informativas no local social de Piñeiros para explicar o proxecto da Deputación da Coruña, que contará cun investimento próximo ao millón de euros.
Catro vías do polígono de Río do Pozo quedarán sen auga durante sete horas este venres
A interrupción do servizo en Narón comezará ás 9.30 horas e está previsto que remate arredor das 16.30 horas, salvo que xurdan imprevistos durante os traballos de mantemento
O BNG celebra a suspensión do desafiuzamento dunha familia de Narón e reclama un alugueiro social permanente
O lanzamento estaba previsto para este venres 23 de outubro na praza do Asilo e queda paralizado despois de que a Sareb solicitase un prazo para tramitar un expediente de alugueiro social
A Plataforma por un Transporte Digno esixe explicacións á Xunta polos incumprimentos do autobús en Ferrolterra
O colectivo reclama aos alcaldes que pidan contas sobre o control das concesións tras a publicación das compensacións extraordinarias ás empresas
A Biblioteca de Narón programa tres actividades a semana do Día das Escritoras e do Día das Bibliotecas
Entre o 19 e o 24 de outubro, a biblioteca acolle unha conversa con autoras locais, un espectáculo de narración oral e unha proposta para as familias
Alingua co CCG impulsarán a promoción e o uso do galego entre as familias de Narón a través dun acordo
A primeira acción será un encontro con familias do programa Apego o 7 de novembro en Santiago para coñecer os seus hábitos de lecer en galego
O BNG de Narón denuncia de novo os incumprimentos arredor da cementeira de Castro
Dende o Bloque denunciase a actitude do goberno local, que continúa sen dar resposta ás alegacións presentadas hai máis dun ano
Veciños de Narón recollen sinaturas para reclamar unha solución á presenza de cascudas nas súas rúas
O PP denuncia a situación nas rúas Cambre e Méndez Núñez e pide ao goberno local unha actuación inmediata para atallar o problema
Cinco anos de cine, historias e ganas de seguir: así medrou o Cineclub Serie B de Narón
Alberto Pena e Anabel Valera repasan os cinco anos de traxectoria dun proxecto que naceu case por casualidade e que hoxe usa o Pazo da Cultura para reivindicar o cine que queda fóra dos circuítos comerciais
O CEIP A Solaina reclama unha rehabilitación integral mentres o PSdeG leva as súas demandas ao Parlamento
Aitor Bouza esixe á Xunta unha partida específica nos orzamentos e cuestiona que as actuacións previstas se limiten a obras puntuais no centro educativo de Narón
O mel galego máis premiado reunirá en Narón a apicultores, gastronomía e tradición
A XXV Feira do Mel e da Produción Primaria celebrarase o domingo 18 de outubro no Recinto Feiral do Trece con degustacións, demostracións culinarias e actividades para toda a familia
Os concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal unen forzas para esixir solucións ao 'colapso' do transporte público
Sete municipios reclaman á Xunta unha reunión coa Dirección Xeral de Mobilidade e a convocatoria da comisión de seguimento da licitación ante as incidencias que están sufrindo os usuarios
Narón abre o prazo para revisar o Censo Electoral antes das eleccións ás Cortes Xerais
A veciñanza poderá comprobar os seus datos do 12 ao 19 de outubro e presentar reclamacións se detecta algún erro
Eventos
As Vivendas da Mariña estrean proxecto para transformar o seu Centro de Maiores e facelo accesible
O Concello de Narón adxudica por 285.666,10 euros unha reforma integral que renovará os espazos, instalacións e equipamentos do local
Unha xincana 'sen filtros' levará a saúde mental ao Parque de Freixeiro este sábado
A actividade do Concello de Narón estará aberta a persoas adultas e menores desde os 12 anos, con tres quendas entre as 10.30 e as 14.00 horas
Narón abre unha nova convocatoria de axudas de ata 3.000 euros para entidades sen ánimo de lucro
As solicitudes poderán presentarse do 5 ao 26 de outubro e as axudas están destinadas a proxectos realizados durante 2025 para impulsar a participación cidadá
Contos, xogos e libros gratis toman a Biblioteca de Narón durante todo o mes de outubro
A programación polo Día Internacional das Bibliotecas inclúe un escape room, contacontos, visitas guiadas, un encontro con escritoras locais e actividades especiais polo Samaín
Once axentes da Policía Nacional reciben a Cruz ao Mérito Policial durante o acto celebrado en Narón
A xornada do Día da Policía reuniu no Pazo da Cultura a representantes das administracións e destacou o traballo dos 225 efectivos da Comisaría de Ferrol-Narón
Máis de 77.000 euros para mellorar o pavillón das Lagoas con novas obras
A actuación permitirá acabar coas filtracións de auga, ampliar o graderío e mellorar a seguridade dos traballos de mantemento da cuberta
O Proxecto Guizo leva a Narón ciencia, primeiros auxilios e circo en galego
A programación de outono ofrece tres sábados de actividades gratuítas para familias con nenas e nenos de 6 a 12 anos










