Novas de Neda
As familias de Neda aprenden primeiros auxilios para actuar ante emerxencias na infancia
O obradoiro, organizado polo Concello en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, esgotou as prazas pouco despois de anunciarse e incluíu prácticas de reanimación cardiopulmonar en bebés e nenos
A Plataforma por un Transporte Digno esixe explicacións á Xunta polos incumprimentos do autobús en Ferrolterra
O colectivo reclama aos alcaldes que pidan contas sobre o control das concesións tras a publicación das compensacións extraordinarias ás empresas
Neda pon en marcha os traballos de retirada da vexetación do río Basteiro entre As Augas e Santa María
Tras as obras de retirada do azud de Pontegrande, o volume de auga que está a chegar ao Basteiro procedente do río Belelle viuse reducido ao mínimo
Neda pecha o ciclo de cinema documental cunha curtametraxe sobre o Mar Exeo
A Casa da Cultura acolle este venres, ás 20:30 horas, a película de Antón Taboada sobre a memoria do naufraxio e a transformación dos restos en arte
Neda concede doce axudas á natalidade nos primeiros nove meses do ano
O Concello reserva 6.000 euros para apoiar as familias empadroadas na vila, cunha achega que ascende a 600 euros no caso de menores con discapacidade
Ata 24 millóns de euros para desbloquear o saneamento pendente e acabar cos vertidos á ría de Ferrol
O pleno reclama á Xunta fondos nos orzamentos de 2027 para conectar Neda co sistema da marxe dereita da ría e critica que a mellora da EDAR siga sen rematar
A pasarela do Belelle volverá unir Santa María e os Subarreiros tras máis de dous anos pechada
A nova estrutura peonil substituirá o antigo paso de madeira, colapsado en 2024, e permitirá recuperar o itinerario do paseo marítimo ata o centro urbano
Aprender a actuar ante unha emerxencia infantil: Neda organiza un obradoiro de primeiros auxilios
A Casa da Cultura acollerá o 19 de outubro unha formación gratuíta para coñecer como responder ante atragoamentos, convulsións, dificultades respiratorias ou perdas de coñecemento
Un curso gratuíto axudará ás persoas maiores de Neda a previr accidentes no fogar
A formación incluirá primeiros auxilios, prevención de intoxicacións, manexo de medicamentos e pautas para actuar ante emerxencias
O caos do transporte na Coruña e Ferrolterra reabre o debate sobre como moverse sen coche
ADEGA reclama máis capacidade e planificación nos autobuses, recuperar o tren de proximidade e mellorar as conexións para bicicletas ante o aumento de usuarios e as queixas por atrasos e falta de prazas
O transporte público de Ferrolterra, Eume e Ortegal chega ao pleno da Deputación da Coruña entre reclamacións por máis frecuencias e mellores conexións
PSOE e BNG presentaron unha moción conxunta para reclamar á Xunta e ao Goberno central actuacións urxentes por deficiencias no servizo de autobús e no ferrocarril, pero a iniciativa non chegou a debaterse
A Plataforma por un Transporte Digno pide aos alcaldes de Ferrolterra que se sumen á mobilización deste venres
O colectivo chama aos rexedores da comarca a acudir á concentración das 18.00 horas na praza de España de Ferrol para reclamar solucións ás deficiencias do transporte público
Os talleres de estimulación cognitiva para maiores manteñen abertas as inscricións
As actividades de memoria e 'Mentes activas' buscan reforzar as capacidades mentais e fomentar as relacións sociais
As fugas de As Pías gañan urxencia mentres Ferrolterra afronta a prealerta por seca
A Mancomunidade analizará con Augas de Galicia a reparación das perdas de auga e pide á cidadanía que extreme o aforro ante a situación de escaseza
Neda destinará preto de 85.000 euros a renovar o camiño de Balbís e A Buhída
O Pleno aprobou por unanimidade un paquete de actuacións financiadas co POS+ 2026 que tamén inclúe melloras na rúa Xeneral Morgado e no paseo marítimo
Marionetas, títeres e sombras toman Ferrolterra e Miño con máis de 20 funcións internacionais
O Festival Internacional de Entes Animados celebra a súa oitava edición do 12 ao 27 de setembro con compañías de Galicia, Europa e América e espectáculos gratuítos
O PSdeG levará ao Parlamento as demandas educativas de Narón e Neda
Os socialistas reclamarán á Xunta a rehabilitación integral do IES Terra de Trasancos e un novo comedor para o CEIP Maciñeira
Eventos
Os socialistas de Neda reclaman unha revisión completa do CEIP San Isidro ante as súas deficiencias
O PSdeG levará ao Parlamento a situación do colexio de Neda e pedirá á Xunta un informe técnico que determine as actuacións necesarias para modernizar e corrixir as deficiencias das instalacións
Neda rende homenaxe ao seu pan e á tradición que une os fornos coa construción naval
O director de Navantia Ferrol, Eduardo Dobarro, abriu a XXXVI Festa do Pan cun pregón que reivindicou o esforzo, o traballo ben feito e a innovación sen perder as raíces
Un autobús levará á veciñanza de Neda ata Santiago para gozar do teatro galego por só 5 euros
O programa 'Sobes ao bus do teatro?' permitirá asistir o 18 de setembro a 'A serie clopen', do Centro Dramático Galego, no Salón Teatro
Moveneda propón rebaixar ata un 75% o imposto de circulación dos vehículos eléctricos e híbridos en Neda
O movemento veciñal defende modificar a ordenanza fiscal do IVTM para bonificar os vehículos menos contaminantes
O Concello de Neda abre este martes a inscrición nas escolas municipais deportivas e de benestar
A programación inclúe unha decena de propostas no centro cívico, Casilla do Puntal, Casa da Cultura e polideportiva do Roxal
Aloumiños chega a catro concellos de Ferrolterra para combater a soidade non desexada
Neda, San Sadurniño, Moeche e As Somozas participan nesta iniciativa da Xunta, que combina actividades grupais, camiñadas, charlas e obradoiros
Búscase a mellor empanada para a Festa do Pan de Neda
O evento convoca un concurso na nova edición do domingo 6 de setembro e repartirá tres premios de 200, 150 e 100 euros










