A aula Cemit de Xuvia ofrecerá un curso gratuíto de 100 horas para aprender a utilizar Canva

FerrolXa
A formación comezará o 10 de novembro e prolongarase ata o 18 de decembro, en horario de mañá, cun máximo de 12 prazas
Imaxe de ordenadores
31 Oct 2026

A aula Cemit de Xuvia acollerá a partir do vindeiro 10 de novembro un novo curso presencial sobre deseño dixital e creación de contidos coa ferramenta Canva. A formación, de carácter gratuíto e cunha duración total de 100 horas, prolongarase ata o 18 de decembro e desenvolverase de luns a venres en horario de 9.30 a 13.30 horas.

O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, informou de que o prazo de inscrición permanece aberto a través da plataforma Cemit. A actividade conta cun máximo de 12 prazas.

O programa comezará cunha introdución á ferramenta e aos seus primeiros pasos, para continuar cos fundamentos básicos do deseño e o manexo das funcións de edición. As persoas participantes aprenderán tamén a elaborar contidos para redes sociais, presentacións, infografías e documentos.

A formación incluirá ademais o traballo con vídeo e audio, o uso de ferramentas complementarias e a realización de prácticas, que culminarán cun proxecto final de temática libre.

As persoas interesadas poden consultar os detalles e formalizar a inscrición de balde a través da plataforma Cemit.

0.15404891967773