A Aula Municipal de Cerámica inicia o curso en Vilaboa, Valdoviño, con todas as prazas cubertas

FerrolXa
A artista local Martina Beceiro guiará as clases organizadas polo Concello
aula-ceramica-valdovino
16 Oct 2026

Con todas as prazas cubertas, a Aula Municipal de Cerámica inauguraba onte á tarde o curso no local social de Vilaboa -radicado na antiga escola unitaria da parroquia-. A concelleira de Cultura, Tamara Sabín, achegábase ata as instalacións municipais para saudar ás alumnas e alumno participantes no que será o segundo curso do proxecto.

De novo, as clases celebraranse os xoves en Vilaboa, na aposta do Concello por descentralizar a actividade cultural nas diferentes parroquias da localidade. A artista local Martina Beceiro, con estudo en Porto do Cabo, en Vilarrube, será a encargada de guiar as sesións. A boa experiencia do pasado ano levou á maioría do alumnado a repetir, sumando novas inscricións desta volta ata completar as 13 prazas ofertadas.

0.11427903175354