A intelixencia artificial protagoniza unha charla aberta en Mugardos para abordar os seus retos e oportunidades

FerrolXa
A experta María Lázaro presentará este mércores o seu libro 'Generación IA' nun encontro gratuíto organizado pola Biblioteca Municipal
MUGARDOS libro ia
29 Jul 2026

A Biblioteca Pública Municipal de Mugardos organizará este mércores, 29 de xullo, unha charla dedicada á intelixencia artificial da man da autora e especialista María Lázaro, que presentará o seu libro 'Generación IA: miedos, retos y oportunidades'.

O encontro terá lugar ás 19.00 horas no Salón de Plenos do Concello e ofrecerá ao público a oportunidade de reflexionar sobre o impacto que a intelixencia artificial está a ter na sociedade, así como sobre os desafíos e posibilidades que presenta en ámbitos como a educación, a tecnoloxía ou a vida cotiá.

Durante a sesión, María Lázaro compartirá algunhas das claves que recolle na súa obra, unha guía centrada nun uso responsable, creativo e seguro da intelixencia artificial, nun momento no que estas ferramentas están cada vez máis presentes tanto no ámbito profesional como no persoal.

A actividade está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Mugardos, en colaboración coa libraría local As Lendas do Gato, e contará con entrada libre e gratuíta, sen necesidade de inscrición previa.

0.091844081878662