A ITV móbil visitará Valdoviño en novembro con paradas en Lago e Vilaboa

FerrolXa
As inspeccións realizaranse nos aparcamentos das cooperativas de Lago e Vilaboa, con cita previa a través do teléfono 981 928 080 ou da web de SYC ITV.
tractor-itv-agricola
13 Oct 2026

As unidades móbiles da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) desprazaranse a Valdoviño o vindeiro mes de novembro para facilitar que os veciños poidan realizar as revisións dos seus vehículos sen saír do municipio. O servizo contará con dúas datas e localizacións diferentes.

A primeira xornada será o 13 de novembro no estacionamento da cooperativa de Lago, onde as inspeccións se desenvolverán de 9.00 a 13.30 horas.

A segunda parada terá lugar o día 16 de novembro diante da estación de servizo da cooperativa de Vilaboa. Nese punto, a atención prestarase en horario de mañá, de 9.00 a 13.30 horas, e tamén pola tarde, de 15.15 a 18.00 horas.

Para acceder ao servizo será imprescindible solicitar cita previa. No caso de Lago, as reservas poderán realizarse a partir do 14 de outubro, mentres que para Vilaboa estarán dispoñibles desde o día 17 dese mes.

As persoas interesadas poden pedir quenda a través do teléfono 981 928 080 ou da páxina web www.sycitv.com.

0.16571998596191