A unidade móbil da Policía Nacional volverá a Valdoviño o 16 de decembro para renovar o DNI e o pasaporte

FerrolXa
A veciñanza poderá realizar os trámites sen saír do municipio e recibir a documentación no momento
VALDOVIÑO vidoc policia dni
21 Nov 2026

A expedición e renovación do DNI e do pasaporte poderá realizarse de novo en Valdoviño o vindeiro 16 de decembro, coa chegada do Vehículo Integral de Documentación da Policía Nacional (VIDOC). A unidade móbil permitirá á veciñanza completar estes trámites no propio municipio, sen necesidade de desprazarse a outras localidades.

As persoas interesadas xa poden reservar cita chamando ao número 682 681 441, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O VIDOC forma parte dunha iniciativa do Ministerio do Interior para achegar os servizos de expedición de documentos de identidade e pasaporte á cidadanía e facilitar o acceso a estes trámites. O vehículo dispón das mesmas funcionalidades que unha unidade fixa de documentación, polo que permite completar todo o proceso nunha única visita e recibir o documento no momento.

Ademais, conta cun punto de actualización de documentación que permite renovar os certificados dixitais do DNI electrónico, unha opción que tamén estará dispoñible durante o desprazamento a Valdoviño.

Documentación necesaria e pagamento en efectivo

Unha vez confirmada a cita, o Concello recomenda consultar as páxinas web da Policía Nacional ou do Ministerio do Interior para comprobar que documentación hai que presentar en función do trámite que se vaia realizar.

Cómpre ter en conta que o pagamento das taxas correspondentes á expedición ou renovación do DNI e do pasaporte deberá facerse en efectivo.

0.17784810066223