Aberta a inscrición para a tradicional excursión de Nadal a Portugal

FerrolXa
A viaxe organizada polo Concello de Neda terá lugar o 16 de decembro e permitirá visitar Valença do Minho, coa súa feira e a zona comercial da Fortaleza
NEDA excursion portugal
10 Nov 2026

A tradicional excursión de Nadal a Portugal xa ten data: será o mércores 16 de decembro e terá como destino Valença do Minho. O Concello abriu este martes o prazo para anotarse nesta saída sociocomunitaria dun día, que permitirá á veciñanza percorrer a feira, coñecer o enclave turístico da Fortaleza e realizar compras nos establecementos da localidade.

A saída está prevista para as 8.00 horas desde a praza da Casa Consistorial, mentres que o regreso será arredor das 21.00 horas.

Inscricións en Servizos Sociais

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición nas oficinas de Servizos Sociais. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de solicitude.

O custo da excursión é de 20 euros por persoa e non inclúe o xantar. O Concello lembra tamén que as cancelacións realizadas a partir do 3 de decembro non terán dereito á devolución do importe abonado.

0.16248893737793