As actividades acuáticas continúan en agosto con novas prazas para natación e aquagym en Mañón

O Concello de Mañón mantén durante o mes de agosto a súa programación de actividades acuáticas na piscina municipal do Barqueiro, onde continúan os cursos de natación e as sesións de aquagym dirixidas a persoas de diferentes idades e niveis.
As clases de natación impártense os luns e mércores ás 19.15 horas, mentres que as sesións de aquagym (ximnasia acuática) teñen lugar eses mesmos días ás 20.00 horas.
O prezo de participación durante o mes de agosto é de 20 euros por actividade. As prazas son limitadas e as inscricións poden realizarse a través da área de Deportes do Concello de Mañón.
Desde o Concello lembran que estas propostas teñen como obxectivo fomentar a práctica deportiva e os hábitos de vida saudables durante o verán, aproveitando as instalacións da piscina municipal do Barqueiro tanto para a aprendizaxe da natación como para a realización de exercicio físico de baixo impacto.
As persoas interesadas poden solicitar máis información e formalizar a súa inscrición contactando co Concello de Mañón a través dos teléfonos 981 414 002 e 647 536 305.