As Pontes acolle este mes o II Torneo de Tenis

TerraChaXa | FerrolXa
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o luns 7 ás 22. 00 horas e realizarase a través do correo electrónico ou nas plataformas habilitadas
torneo-de-tenis-as-pontes
4 Sep 2026

O Concello das Pontes acollerá este mes de setembro a segunda edición do Torneo de Tenis, unha cita deportiva que se celebrará nas pistas do Club Tenis As Pontes os días 11, 12, 13, 17, 18 e 19 de setembro no Canal IV.

A competición, organizada polo Club Tenis As Pontes, contará con diferentes categorías que van dende benxamín, alevín e infantil, ata as categorías +35, +40 e +55 en masculino e feminino, ademais das modalidades absoluta e dobres. Ao final do día, entregarase trofeo ao campión e subcampión de cada categoría.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o luns 7 ás 22. 00 horas e a inscrición poderá realizarse a través do correo electrónico ou nas plataformas habilitadas. Calquera dúbida será resolta nas páxinas tenisaspontes.es e ibertenis.com.

0.12331914901733