As Somozas asumirá o mantemento dun tramo antigo de 152 metros da AC-110

FerrolXa
A Xunta autorizou o cambio de titularidade da vía en Recemel, que pasará a depender do Concello para a súa conservación
AS SOMOZAS rua ac-110
27 Oct 2026

O Concello das Somozas asumirá a titularidade e o mantemento dun tramo antigo de 152 metros da estrada AC-110 ao seu paso polo lugar da Igrexa, na parroquia de Recemel. O Consello da Xunta autorizou este luns o decreto que permite transferir esta vía á Administración local.

O tramo afectado sitúase entre os puntos quilométricos 15+130 e 15+200 da estrada autonómica, na súa marxe esquerda. Trátase dunha vía que quedou en desuso como parte da rede autonómica tras unha modificación do trazado orixinal da estrada.

Na actualidade, este treito serve principalmente para dar acceso ás parcelas lindeiras e discorre integramente polo termo municipal das Somozas. Por este motivo, a Xunta considera que xa non desempeña unha función dentro da rede autonómica de estradas.

Co cambio de titularidade, o Concello poderá actuar directamente neste espazo e asumirá a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

O decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

0.14421415328979