Cabanas pon en marcha a licitación de dúas obras viarias por máis de 113.000 euros

FerrolXa
As actuacións permitirán renovar o firme no polígono de Vilar do Colo e no vial entre Relousada e O Alto, ademais de mellorar a canalización de augas no acceso ao parque empresarial
cabanas-recurso
15 Aug 2026

O Concello de Cabanas licitou esta semana dúas novas actuacións destinadas á mellora das infraestruturas viarias municipais, cun investimento conxunto de 113.911,44 euros. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 28 de agosto.

Unha das intervencións desenvolverase no polígono de Vilar do Colo e contempla a renovación completa do aglomerado, así como a canalización das augas no tramo de acceso ao parque empresarial desde a avenida de Laraxe. Segundo o Concello, trátase dunha actuación demandada que permitirá incrementar a seguridade viaria nesta zona.

O orzamento desta obra ascende a 59.618,55 euros, IVE incluído, e estará financiada nun 80 % pola Xunta de Galicia.

A segunda actuación corresponde á renovación do aglomerado no vial que comunica Relousada con O Alto. O contrato conta cun importe de 54.292,89 euros, IVE incluído, e dispón dunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), dependente da Xunta de Galicia, por valor de 44.870 euros.

Coa licitación destas dúas obras, o Concello de Cabanas suma novos investimentos para continuar coa mellora dos camiños e das infraestruturas viarias municipais.

0.1032919883728