Cariño ofrecerá autobuses gratuitos para acudir a votar nas eleccións do 29N

O Concello de Cariño habilitará este domingo, 29 de novembro, un servizo gratuíto de transporte electoral para facilitar que a veciñanza poida desprazarse ata os seus respectivos colexios electorais con motivo das eleccións xerais.
O dispositivo contará con dous itinerarios. O primeiro conectará Figueiroa coa Pedra, con saídas previstas ás 10.00 e ás 16.00 horas. O autobús realizará paradas en Piñeiro e A Fonte antes de chegar ao colexio electoral da Pedra. Unha vez completado o traxecto de ida, efectuará o correspondente regreso.
A segunda ruta partirá de Sismundi e chegará ata Feás pasando por Landoi. Neste caso, haberá tres saídas, ás 11.00, ás 17.00 e ás 19.00 horas. O percorrido incluirá paradas en Reboredo, a marquesiña de Sismundi, Cabanán de Arriba, Cabanán de Abaixo, Lama, Meleato, Orxeiro e Seixo, en Landoi, antes de chegar ao colexio electoral de Feás. Tamén se realizará o traxecto de volta.
O Concello pon así á disposición da veciñanza un servizo sen custo para facilitar os desprazamentos durante a xornada electoral e favorecer que as persoas que o precisen poidan exercer o seu dereito ao voto.