Cedeira inicia as obras de saneamento na rúa Moeche cun investimento de 88.809 euros

FerrolXa
A intervención durará dous meses e permitirá separar a recollida de augas residuais e pluviais, ademais de renovar o pavimento e as beirarrúas
cedeira-RÚA-MOECHE
13 Oct 2026

O Concello de Cedeira iniciou os traballos de mellora do saneamento na rúa Moeche, situada no núcleo urbano, cun orzamento de 88.809 euros. A actuación busca solucionar os problemas que provocaban as antigas canalizacións durante os episodios de choivas intensas e avanzar na implantación dunha rede separativa no municipio.

O proxecto está financiado polo Fondo de Compensación Ambiental, unha achega da que Cedeira se beneficia por contar no seu territorio con muíños e outras instalacións de enerxía eólica.

Ata o de agora, a rúa Moeche dispoñía dunha rede unitaria de sumidoiros, na que confluían tanto as augas residuais procedentes dos edificios como as pluviais recollidas polas baixantes e polos sumidoiros da vía pública. Ademais, este sistema recibía parte da auga da chuvia procedente de rúas perpendiculares.

A intervención contempla a instalación dunha nova rede que permitirá canalizar por separado as augas residuais e as pluviais. Para iso, conectaranse todas as baixantes de auga de choiva que ata o momento vertían directamente sobre as beirarrúas.

O prazo previsto para completar os traballos é de dous meses. Unha vez rematada a instalación das novas canalizacións, tamén se repoñerán os firmes e as beirarrúas afectados pola obra.

0.16190195083618