Exponav recibe o nomeamento de socia de honra do Museo de La Cavada

FerrolXa
A distinción entregouse en Cantabria durante a celebración do vixésimo aniversario do museo e a festividade de Santa Bárbara, nunha xornada na que se disparou un canón do século XVIII recuperado no Arsenal de Ferrol
FERROL cavada premio
23 Nov 2026

A Fundación Exponav foi nomeada socia de honra do Museo da Real Fábrica de Artillaría de La Cavada, en Cantabria. O recoñecemento entregouse o pasado sábado, 21 de novembro, durante os actos organizados con motivo do vixésimo aniversario do museo e da celebración de Santa Bárbara, patroa da arma de Artillaría.

O secretario de Exponav, Raúl Villa Caro, recolleu a distinción en representación do presidente da Fundación e agradeceu o recoñecemento ao responsable do museo cántabro, Ángel Cuadrado Carrera, encargado de clausurar o acto institucional. A xornada incluíu tamén unha ofrenda floral ante a bandeira en homenaxe a aqueles que deron a súa vida por España, realizada polo xeneral Mariano Arrazola e a presidenta do Parlamento de Cantabria, María José González Revuelta.

O acto concluíu co disparo dun histórico canón de 48 libras do século XVIII, unha peza especialmente vinculada con Ferrol, xa que foi recuperada no Arsenal, onde permanecía durante anos semienterrada e utilizada como norai. O canón de avancarga formaba parte da artillaría da fragata 'Prueba', que contaba con 44 pezas e foi botada en Ferrol en 1800.

0.11031198501587