Ferrol acollerá en setembro a 39ª Copa Galicia Sénior Feminina de baloncesto

GaliciaXa | FerrolXa
O torneo reunirá ao Baxi Ferrol, Durán Maquinaria Ensino, Celta Femxa Zorka e Sparking Truth Maristas Coruña na Malata
FERROL copa femenina baloncesto
28 Jul 2026

O pavillón da Malata, en Ferrol, será o escenario da 39ª edición da Copa Galicia Sénior Feminina de baloncesto, que se disputará os días 11 e 12 de setembro coa participación de catro dos principais equipos galegos.

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, asistiu este martes á presentación oficial do torneo, na que reafirmou o apoio da Xunta ao baloncesto feminino.

Nesta edición competirán o Baxi Ferrol, anfitrión da competición, o Durán Maquinaria Ensino, o Celta Femxa Zorka e o Sparking Truth Maristas Coruña, que buscarán conquistar un dos primeiros títulos da tempada.

A Copa Galicia Sénior Feminina alcanza así a súa trixésimo novena edición consolidada como unha das citas tradicionais do calendario do baloncesto galego, reunindo cada ano aos principais equipos da comunidade antes do inicio das competicións oficiais.

0.10143995285034