Ferrol e Cáritas impulsan un grupo xuvenil con actividades gratuítas ata xuño

FerrolXa
A iniciativa, dirixida a mozos e mozas de 14 a 17 anos, ofrecerá obradoiros, xogos, cine e actividades deportivas todos os venres na Casa da Xuventude, agás o primeiro de cada mes
ferrol-participacion-xuvenil
13 Oct 2026

O Concello de Ferrol e Cáritas poñen en marcha o Grupo motor xuvenil, unha proposta de ocio educativo e participativo que se desenvolverá na Casa da Xuventude todos os venres ata o mes de xuño, agás o primeiro venres de cada mes. As actividades serán gratuítas e terán lugar en horario de 17.00 a 19.00 horas.

O programa está destinado á mocidade de entre 14 e 17 anos de toda a cidade e busca ofrecer alternativas de tempo libre desde unha perspectiva integradora, favorecendo a participación e a convivencia entre os asistentes.

A programación incluirá xogos cooperativos e dinámicas de comunicación, obradoiros creativos de arte e manualidades, así como faladoiros preventivos sobre o uso das redes sociais, internet e os videoxogos. Tamén haberá sesións de cinefórum, xogos de mesa, actividades deportivas e excursións, entre outras propostas.

As persoas interesadas en participar poden formalizar a inscrición ata o 14 de outubro a través do formulario en liña habilitado pola organización.

Para ampliar a información, tamén están dispoñibles os teléfonos 633 877 758 e 695 347 837.

0.12983417510986