Ferrol e Mondoñedo renovan lazos de irmandade durante a festa de As San Lucas

AMariñaXa | FerrolXa
O alcalde de cidade departamental, José Manuel Rey Varela, acudiu á cidade lucense xunto cunha representación da corporación municipal
irmandamento-ferrol-mondonedo
19 Oct 2026

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, xunto cunha representación da corporación municipal, desprazouse esta mañá a Mondoñedo con motivo do acto de irmandamento que se celebra nesta xornada entre a vila lucense e a cidade departamental, coincidindo en data co día grande de As San Lucas.

O alcalde trasladou o agradecemento da cidade de Ferrol a Mondoñedo pola celebración deste acto e o mantemento dos lazos de irmandade que as unen, nunhas festas das San Lucas, de Interese Turístico de Galicia, que son “unha manifestación viva da identidade deste territorio lucense”, manifestou o rexedor ferrolán.

A oficialidade deste irmandamento cumpre 21 anos, máis de dúas décadas na que foron numerosos os nexos culturais establecidos por estas urbes da Galicia do norte, nomeadamente a través da Diócese de Mondoñedo-Ferrol. “Hoxe renovamos a vontade compartida de colaborar e manter as relacións entre os nosos pobos. Dous concellos coa súa personalidade propia, con historia profunda e cun patrimonio extraordinario”, lembrou Rey Varela, pero que comparten a visión de progreso e futuro.

Durante a súa intervención o alcalde ferrolán fixo fincapé na necesidade de que exista un transporte fluído de viaxeiros entre as dúas cidades e na importancia do mantemento desta relación institucional. “Nun tempo no que as administracións deben afrontar retos complexos, a colaboración entre municipios é máis necesaria que nunca”, apuntou Rey Varela antes de concluír a súa intervención agradecendo a Mondoñedo a súa acollida un ano máis.

0.19313406944275