Fronte Ampla reivindica en Ferol o voto das mulleres como clave para frear á dereita no 29N

Fronte Ampla sitúa o voto das mulleres como unha das claves para frear a dereita nas eleccións do 29 de novembro. A formación celebrou este venres un acto en Ferrol no que apelou ás electoras que apoiaron Sumar en 2023 para que volvan respaldar unha candidatura progresista e evitar que PP e Vox cheguen ao Goberno.
A vivenda foi un dos principais asuntos abordados durante o encontro. Verónica Barbero defendeu a necesidade de adoptar medidas urxentes contra a especulación inmobiliaria e reclamou ao Goberno que prorrogue os contratos de alugueiro. A candidata sostivo que o Executivo debe asumir a súa responsabilidade e propuxo que as ministras e ministros se planten no Consello de Ministros ata aprobar esa extensión.
Barbero tamén defendeu a posibilidade de intervir o mercado inmobiliario e expropiar os fondos voitre, ademais de reivindicar a memoria de Maricarmen e o papel das mulleres na loita polos seus dereitos.
Pola súa banda, Paulo Carlos López criticou a oposición do PP ás medidas que afectan aos traballadores e asegurou que construír máis vivendas non é suficiente para solucionar o problema do acceso a un fogar. Entre as propostas de Fronte Ampla figuran ampliar os contratos de alugueiro, vincular as rendas ao salario mínimo, intervir os fondos voitre e controlar os pisos turísticos para evitar que expulsen a poboación dos barrios.
A formación tamén plantexou limitar o prezo das residencias universitarias privadas, ante o custo dalgúns aloxamentos, que poden alcanzar os 1.200 euros mensuais.
De cara ao 25N, Barbero alertou sobre o negacionismo da violencia machista e defendeu a necesidade de manter as políticas de igualdade e memoria democrática. Criticou os plantexamentos de Alberto Núñez Feijóo sobre a eliminación do Ministerio de Igualdade e apelou ás mulleres que votaron a Sumar en 2023 para que apoien agora a Fronte Ampla. «O voto das mulleres vale dobre», defendeu, en referencia á importancia da mobilización feminina para impedir un Goberno de PP e Vox.
O acto tamén serviu para presentar compromisos con Ferrolterra, entre eles un maior reparto da riqueza xerada por Navantia para que o seu futuro industrial se traduza en benestar para a comarca, a modernización do ferrocarril, a construción dun novo peirao e a creación dunha farmacéutica pública.
Fronte Ampla defendeu ademais a descentralización de servizos e a creación en Ferrol dun Museo dos Dereitos Nacionais e Sociais.