Irene García Nebril e Ariel Soto Meizoso fanse coa XII Milla Urbana de Valdoviño

FerrolXa
Máis de 200 atletas de todas as idades tomaron parte na carreira esta fin de semana
milla-urbana-valdovino
19 Oct 2026

Máis de 200 atletas de todas as idades participaron esta mañá na XII edición da Milla Urbana de Valdoviño, organizada pola Concellería de Deportes. O paseo da lagoa e a praia da Frouxeira volveron converterse no escenario desta proba, que este ano bateu todos os récords de participación ao duplicar os rexistros da última edición.

Irene García Nebril e Ariel Soto Meizoso proclamáronse vencedores da categoría absoluta, unha das que reuniu máis participantes xunto coa de biberóns, na que todos os nenos e nenas recibiron a súa medalla.

Na categoría absoluta feminina, Irene García Nebril conseguiu o primeiro posto, seguida de Sara Romero Galdo e Laura Alonso Cortabitarte. Na masculina, Ariel Soto Meizoso foi o primeiro clasificado, por diante de Martín Otero Villadónica e Pablo Pedrosa Paz.

En benxamíns, os tres primeiros postos femininos foron para Jimena Cal Méndez, Leire Ramos López e Andrea López Jorge, mentres que na clasificación masculina se impuxeron Adrián Alarcón Pose, Antón Lareo Salorio e Alessandro Minotta Torres.

Na categoría alevín feminina, Alba Jiménez Vílchez acadou a primeira posición, seguida de Lara Freire Suárez e Carme Lorenzo Teijeiro. Na masculina, o podio estivo formado por Dylan Alarcón Pose, Adrián Gómez Caneiro e Xaiver Deibe Rey.

En infantís, Maia Pardo Barreto, Vega Yáñez Ameneiro e Cayetana Rey Dobarro ocuparon os tres primeiros postos femininos. Na clasificación masculina, os mellores resultados foron para Iván Gómez Caneiro, Lucas Jiménez Vílchez e Adrián López Andrade.

Na categoría cadete feminina, Irene García Nebril foi primeira, seguida de Noa Villadóniga Sanesteban e Ainhoa Dopico Pena. Na masculina, Martín Otero Villadóniga conseguiu a primeira posición e Roque Caneiro Fonticoba foi segundo.

En xuvenís, Sara Romero Galdo e Sabela Pérez Iglesias ocuparon as dúas primeiras posicións femininas. Na clasificación masculina, Ariel Soto Meizoso foi primeiro, seguido de Álvaro Canosa Cortizas e Martín Beceiro Celeiro.

Na categoría júnior-promesa feminina, Lúa Figueroa Lago foi a primeira clasificada. Na masculina, Hugo Teijeiro Sevilla acadou o primeiro posto, por diante de Hugo Alonso López e Ángel Cagigao Vázquez.

En sénior, Laura Alonso Cortabitarte, Sabela Yáñez López e Verónica Roget García ocuparon as tres primeiras posicións femininas. Na clasificación masculina, Pablo Pedrosa Paz foi primeiro, seguido de Jairo Valea López e Daniel Ríos Graña.

Na categoría de veteranos 1 feminina, Tamara Fernández García conseguiu a primeira posición, seguida de Mercedes Pérez Varela e Elke Peherstorfer. Na masculina, Borja Pico Feal foi primeiro, André Pan segundo e Cristian Calvo González terceiro.

En veteranos 2, Rocío Barro Casal, Rocío Vílchez Simo e Nidia González ocuparon os tres primeiros postos femininos. Na clasificación masculina, Roberto Martínez Castro foi primeiro, seguido de Luis Mauricio Loaiza Jaramillo e David Ahijado Fernández.

Na categoría de veteranos 3 feminina, Rebeca Soto Viñas acadou a primeira posición, por diante de María Victoria Grueiro Hermida e María Begoña García Cortázar. Na masculina, Javier Tuimil Calvo foi primeiro, seguido de José Ángel López Villar e Vicente Muñoz Hermida.

Por último, na categoría de veteranos 4, Miguel Ángel Varela López conseguiu o primeiro posto, seguido de José Manuel Insua Rodríguez e José López Aneiros.

O Concello de Valdoviño agradeceu especialmente a colaboración da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil e da Policía Local, cuxo traballo fixo posible o dispositivo de seguridade da carreira.

0.16362404823303