Máis vida e benestar con novas actividades de Cariño para manter corpo e mente activos durante todo o curso

FerrolXa
O programa de Envellecemento Activo 2026-2027 ofrece obradoiros de memoria, ximnasia, xogos, novas tecnoloxías, música e baile
ximnasia-maiores-imaxe-xenerica
9 Sep 2026

O Concello de Cariño puxo en marcha unha nova edición do programa Envellecemento Activo 2026-2027, unha proposta pensada para favorecer o benestar das persoas maiores a través de actividades físicas, culturais e de lecer.

A programación inclúe obradoiros de memoria, ximnasia e outras actividades físicas, xogos, novas tecnoloxías, música e baile, con propostas orientadas tanto a manter activa a mente como a coidar o corpo e fomentar as relacións sociais.

As actividades desenvolveranse en A Pedra, Feás, Cariño, Landoi e Sismondi. Os primeiros grupos comezaron este 9 de setembro, mentres que permanece aberto un novo período de inscrición para as persoas interesadas en incorporarse ao programa.

Inscricións abertas ata o 16 de setembro

As novas inscricións poderán realizarse do 9 ao 16 de setembro, de luns a venres, no Local Social, en horario de 16.00 a 19.00 horas.

O programa busca crear un espazo no que as persoas participantes poidan aprender, divertirse e manterse activas, ao tempo que favorece a convivencia e a participación social.

A iniciativa aposta así por un envellecemento activo no que a actividade física, a estimulación cognitiva e o contacto con outras persoas se combinan para contribuír a mellorar a calidade de vida.

0.11088109016418