Moeche licita por 113.178 euros a renovación e mellora da piscina municipal

O Concello de Moeche vén de aprobar a licitación das obras de acondicionamento e mellora da piscina municipal, cun orzamento de 113.178,50 euros, IVE incluído. As empresas interesadas en executar os traballos poderán presentar as súas ofertas ata o 3 de decembro, ás 23.59 horas, a través da Plataforma de Contratos do Sector Público, onde tamén está dispoñible a documentación do procedemento.
A actuación financiarase mediante un convenio coa Deputación da Coruña, que asumirá o 80 % do investimento, cunha achega de 90.542,80 euros. O Concello de Moeche sufragará os 22.635,70 euros restantes, equivalentes ao 20 % do custo total.
O proxecto estrutúrase en tres intervencións principais destinadas a mellorar as instalacións e facilitar o seu uso. A primeira consistirá na impermeabilización do vaso da piscina e do paseo lateral ata a canaleta perimetral de rebose. A segunda centrarase na renovación do pavimento peonil que rodea a instalación, mentres que a terceira permitirá rehabilitar a caseta situada no lado oeste para habilitar no seu interior un aseo completamente adaptado.
No caso da piscina, a intervención responde ao deterioro que comeza a presentar o revestimento de gresite, tanto no vaso como na zona lateral, onde xa se detectaron teselas soltas. Para solucionar este problema está prevista a colocación dunha nova capa de impermeabilización sobre a superficie actual, sen retirar o recubrimento existente.
Tamén se substituirá o pavimento que rodea a piscina, que presenta actualmente diferentes zonas afundidas. Os traballos incluirán a demolición do firme deteriorado e a colocación doutro novo de características similares.
A terceira liña de actuación afectará á pequena construción situada no lado oeste do recinto. O proxecto contempla baleirar o seu interior, incluídos os solos de madeira, para conservar unicamente os cerramentos laterais e a cuberta e proceder á súa restauración.
Unha vez rehabilitado o espazo, instalarase un aseo adaptado que contará cun inodoro con barras abatibles a ambos os lados, unha ducha con billas monomando e barras fixas suxeitas aos paramentos, ademais dun lavabo e un espello de parede.
As empresas que queiran optar á execución das obras teñen de prazo ata o 3 de decembro ás 23.59 horas para presentar as súa