Narón sorteará o martes os integrantes das mesas electorais do 29-N

FerrolXa
O pleno extraordinario comezará ás 9.30 horas e dará paso á sesión ordinaria, aprazada polo loito oficial tras o accidente de Toledo, que se celebrará ás 10.00 horas
NARÓN pleno 24.09
Imaxe dun pleno anterior
1 Nov 2026

O Concello de Narón celebrará o vindeiro martes, 3 de novembro, dúas sesións plenarias consecutivas para abordar, entre outros asuntos, a designación das persoas que formarán parte das mesas electorais nas eleccións xerais do 29 de novembro. O pleno extraordinario comezará ás 9.30 horas e terá como único punto da orde do día o sorteo dos seus integrantes.

Unha vez rematado, ás 10.00 horas, celebrarase a sesión ordinaria, que fora aprazada debido ao loito oficial decretado a raíz do accidente ocorrido en Toledo.

O sorteo das mesas electorais realízase en sesión pública, de acordo coa Lei orgánica do réxime electoral xeral e dentro dos prazos establecidos no calendario electoral. Nel designaranse, para cada mesa, a persoa que exercerá a presidencia e as dúas vogalías, ademais dos seus respectivos suplentes.

As persoas seleccionadas deberán estar incluídas no censo electoral da sección correspondente. Unha vez realizado o sorteo, o Concello disporá dun prazo de tres días para comunicar as designacións ás persoas interesadas.

Quen resulte elixido terá sete días para presentar, se existe unha causa xustificada, as alegacións correspondentes ante a Xunta Electoral de Zona.

0.16641998291016