O camping municipal de Valdoviño prepara a súa reapertura para finais de setembro tras unhas semanas de obras

O Camping A Lagoa, en Valdoviño, atópase temporalmente pechado mentres se levan a cabo diferentes traballos no recinto. A previsión da xestión é aproveitar estas semanas para completar as actuacións previstas e poder recuperar a actividade a finais de setembro.
O peche permitirá realizar con máis comodidade diferentes labores de acondicionamento e adaptación das instalacións, dentro do proceso de actualización aos requisitos establecidos pola normativa turística. A intención é que o camping estea preparado para volver recibir visitantes unha vez completados os traballos e realizados os trámites necesarios.
Desde a xestión do establecemento explican que o período sen actividade tamén permitirá avanzar noutras actuacións. 'Agora vamos a aproveitar para facer outras cousas', sinalan, nunha aposta por utilizar estas semanas para poñer a punto diferentes espazos dentro das instalacións do camping.
O establecemento ten previsto desenvolver os traballos ao longo deste mes e, unha vez rematados, solicitar a inspección correspondente. O obxectivo é comprobar que as actuacións realizadas están completadas e poder afrontar a reapertura con total normalidade. A previsión é que o camping poida retomar a súa actividade a finais de setembro, recuperando así unha opción de aloxamento para os visitantes que se acheguen a Valdoviño e ao contorno da lagoa.
O establecemento encara, polo tanto, estas semanas como un período de posta a punto antes de volver abrir as súas portas. A intención é que a reapertura permita recuperar o funcionamento habitual do Camping A Lagoa e ofrecer novamente aos seus usuarios unas instalacións preparadas para a nova etapa.