O Concello de Mugardos negocia para volver poñer en marcha a escola municipal de música

O Concello de Mugardos está a traballar para garantir a continuidade da Escola Municipal de Música tras o retraso no inicio das clases, provocado por un conflicto laboral que incrementou os costes da empresa xestora, quen comunicou a súa decisión de non continuar prestando o servizo.
O goberno municipal iniciou os trámites para unha nova licitación e negocia coa empresa actual unha solución provisional que permita retomar as clases o antes posible. O Concello reafirma o seu compromiso coa continuidade da Escola Municipal de Música e coa recuperación da actividade no menor prazo posible.