O Concello de Neda abre este martes a inscrición nas escolas municipais deportivas e de benestar

FerrolXa
A programación inclúe unha decena de propostas no centro cívico, Casilla do Puntal, Casa da Cultura e polideportiva do Roxal
NEDA ximnasia ximnasio municipal
31 Aug 2026

Coa vista posta en arrincar a programación no mes de outubro, o Concello de Neda abrirá este martes, 1 de setembro, o período de inscrición nas súas escolas deportivas e de benestar. Esta nova edición de 'Nedactívate' contempla unha decena de propostas deportivas e saudables en diferentes espazos, aínda que a maioría delas concéntranse un ano máis no centro cívico, dirixidas a persoas adultas e en horario de mañá e de tarde.

Así, a oferta inclúe clases de ximnasia de mantemento, ximnasia terapéutica, ximnasia saudable, adestramento funcional, zumba e sesións de ximnasio con monitor e, por suposto, dúas actividades con gran demanda: ioga e pilates. Estas dúas actividades contarán con varios grupos e horarios. Ademais, levaranse a cabo clases de ximnasia saudable na Casilla do Puntal.

A oferta extraescolar arrincará o curso coas clases de patinaxe na pista polideportiva do Roxal. Respecto das escolas de benestar social, retomaranse os grupos de memoria na Casa da Cultura e os obradoiros de Mentes Activas no Puntal.

Como é habitual, o proceso iniciarase coas persoas empadroadas en Neda, que poderán formalizar o trámite entre os días 1 e 4 de setembro. A partir do día 7 de setembro, o prazo abrirase para veciños e veciñas de calquera municipio, incluído Neda.

Nos dous casos, a inscrición deberá realizarse de 9:30 a 12:00 horas no centro cívico, ata completar as prazas ofertadas. No caso de quedar vacantes, o prazo de inscrición manterase aberto durante todo o ano.

0.10077285766602