O fútbol sala abre novas xornadas de tecnificación para rapazada de 8 a 16 anos en Valdoviño

FerrolXa
As sesións comezarán en outubro no pavillón O Longoiro e estarán adaptadas a todos os niveis, desde iniciación ata perfeccionamento
campo-de-futbol-recurso
25 Sep 2026

O Fútbol Sala Valdoviño xa ten abertas as inscricións para as súas novas xornadas de tecnificación, unha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 8 e 16 anos que se desenvolverá durante toda a tempada no pavillón municipal O Longoiro, en Meirás, coa colaboración do Concello.

As sesións comezarán en outubro e celebraranse todos os mércores, con grupos organizados inicialmente por idades. Os participantes de entre 8 e 11 anos adestrarán de 18.00 a 19.00 horas, mentres que a quenda para mozos e mozas de 12 a 16 anos será de 19.00 a 20.00 horas.

Formación adaptada ao nivel de cada participante

A actividade está pensada tanto para rapazada que se está iniciando no fútbol sala como para aqueles xogadores e xogadoras que buscan perfeccionar a súa técnica.

Os adestramentos adaptaranse ao nivel de cada participante, co obxectivo de ofrecer unha formación axustada ás necesidades de cada grupo.

As persoas interesadas en participar poden formalizar a inscrición contactando co club a través do teléfono 630 427 556 ou do correo electrónico futbolsalavaldovino@gmail.com.

O prezo é de 30 euros ao mes e inclúe a equipación necesaria para participar nas sesións, ademais dun agasallo de benvida.

0.12838006019592