O Fútbol Sala Valdoviño inicia as xornadas de tecnificación para nenos, nenas e adolescentes

FerrolXa
A iniciativa busca ofrecer unha formación progresiva e personalizada que permita aos rapaces e rapazas mellorar as súas habilidades e avanzar na práctica deste deporte
xornadas-tecnificacion-futbol-sala-valdovino
19 Oct 2026

O Fútbol Sala Valdoviño, en colaboración co Concello, puxo en marcha onte pola tarde a súa actividade formativa dirixida a nenos e nenas a partir dos 8 anos e a mozos e mozas de ata 16 anos.

As sesións desenvolveranse semanalmente no pavillón municipal O Longoiro, en Meirás, e prolongaranse ata xuño. As xornadas de tecnificación están deseñadas para deportistas de todos os niveis, desde a iniciación ata o perfeccionamento, cunha metodoloxía adaptada ao nivel e ao ritmo de aprendizaxe de cada participante.

A iniciativa busca ofrecer unha formación progresiva e personalizada que permita aos rapaces e rapazas mellorar as súas habilidades e avanzar na práctica do fútbol sala.

As inscricións continúan abertas. As persoas interesadas poden solicitar información ou apuntarse a través do teléfono 630 427 556 ou do correo electrónico futbolsalavaldovino@gmail.com. A cota mensual para participar na actividade é de 30 euros.

0.18002200126648