Ortigueira organiza un obradoiro sobre saúde do solo pélvico este venres

FerrolXa
A actividade será impartida pola matrona Paula Sánchez no Centro Social de Santa Marta, entre as 16.30 e as 20.00 horas, e require inscrición previa
Suelo-pelvico-solo-pelviano-2MB-1200x628-px
5 Nov 2026

O Centro Social de Santa Marta de Ortigueira acollerá este venres, 6 de novembro, un obradoiro sobre o solo pélvico dirixido ás mulleres. A actividade será impartida por Paula Sánchez, matrona do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), e desenvolverase entre as 16.30 e as 20.00 horas.

A iniciativa, organizada polo Concello de Ortigueira, busca mellorar a información e a comprensión dos cambios evolutivos que experimenta a muller ao longo da vida, así como contribuír á prevención de enfermidades propias do colectivo feminino.

As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición ata o mesmo día do obradoiro a través da plataforma habilitada polo Servizo Galego de Saúde. A sesión terá lugar no Centro Social de Santa Marta.

0.14863085746765