Un curso de defensa persoal feminina ofrecerá ferramentas para afrontar situacións de risco

FerrolXa
A formación está dirixida a mulleres maiores de idade e require inscrición previa nos Servizos Sociais municipais
ARTEIXO defensa personal
25 Oct 2026

Adquirir recursos para reaccionar ante posibles situacións de perigo é o obxectivo do curso de defensa persoal feminina que se desenvolverá os días 28 e 29 de novembro no Centro Cívico Sociocultural das Somozas.

A actividade, dirixida a mulleres maiores de idade, terá lugar durante as mañás do sábado e do domingo, en horario de 9.30 a 13.30 horas. A formación permitirá ás participantes adquirir ferramentas físicas e psicolóxicas que as axuden a afrontar posibles situacións de risco.

A iniciativa está organizada polos Servizos Sociais Comunitarios, en colaboración coa Xunta de Galicia, a FEGAMP e a Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero.

Inscrición nos Servizos Sociais

As mulleres interesadas poden formalizar a inscrición presencialmente nos Servizos Sociais municipais ou solicitar información a través dos teléfonos 981 404 101, extensión 2, e 881 042 066.

A proposta enmárcase nas actuacións de prevención da violencia de xénero e busca reforzar os recursos persoais das participantes mediante unha formación práctica de defensa persoal.

0.16365885734558