A Coral Polifónica Eixil dará hoxe o pregón das Festas da Patroa, que encherán Cedeira de actividade durante sete días

FerrolXa
O Entroido de Verán, a eclipse total acompañada de Jazz de Ría e os Xogos Populares serán algunhas das primeiras citas da programación
fogos-festas-de-ourense
Actualizada el 10 agosto 2026, 13:05 horas
29 Nov -0001

As Festas da Patroa de Cedeira arrancan hoxe, martes 11 de agosto, cunha programación que se prolongará durante sete días e que combinará música, tradición, espectáculos e actividades para todos os públicos. Entre as citas máis singulares desta edición estará a eclipse total de Sol de mañá, mércores 12, que coincidirá cunha sesión especial de Jazz de Ría no miradoiro de San Antón de Corveiro.

O inicio oficial terá lugar ás 20:00 horas na praza do Concello, co pregón da Coral Polifónica Eixil, unha entidade cunha traxectoria de máis de cinco décadas. A música estará tamén presente no acto coa participación da agrupación de folclore galego Buxainas. A primeira noite das festas continuará a partir das 22:30 horas na praza Roxa co tradicional Entroido de Verán e a Festa da Escuma, coa música da Discomóbil CDC.

A xornada do mércores estará marcada polo fenómeno astronómico. Jazz de Ría aproveitará a eclipse para ofrecer unha proposta especialmente singular desde San Antón de Corveiro, con DJMIL a partir das 19:00 horas e a actuación posterior de Xabier Díaz, acompañado por Iván Costa, Roberto Grandal e Guillermo Guerrero. O acceso ao miradoiro será a pé ou mediante os autobuses lanzadeira habilitados polo festival desde o Paseo Arriba da Ponte.

O xoves chegará outra das citas máis participativas das festas, os Xogos Populares, que se celebrarán desde as 17:30 horas no Paseo da Mariña e repartirán 1.000 euros en premios entre os equipos gañadores. A programación continuará con propostas culturais e musicais ao longo da xornada, dentro dun calendario festivo que manterá durante os seguintes días as actividades familiares, concertos, verbenas e citas tradicionais.

A programación completa das Festas da Patroa 2026, con todos os horarios, localizacións e actividades previstas, pode consultarse neste enlace.

0.084718942642212