Eventos
De Vacas despedirá o ano cunha última ‘Vacanal Sinfónica’ no Pazo da Cultura de Narón
O grupo galego celebrará o seu décimo aniversario o 28 de novembro no Pazo da Cultura, cunha revisión sinfónica dos seus grandes éxitos xunto ao Coro da Ra e unha orquestra creada para a ocasión
O Samaín encherá de maxia e misterio as rúas de Cariño
A programación desenvolverase os días 30 e 31 de outubro con actividades infantís, un percorrido nocturno polo paseo marítimo, castañas asadas, xogos tradicionais e obradoiros no Mercado Municipal
O Centro Cívico de Canido acollerá un festival solidario de O Talentiño
O festival celebrarase o domingo 8 de novembro, ás 17:00 horas, con actuacións musicais, sorteos e vendas solidarias
Máis de 60 músicos de Narón encherán de música o centro comercial Odeón este sábado
A Xove Banda de Narón e a Banda Infantil Sementeira ofrecerán dúas actuacións na praza de eventos entre as 18.00 e as 19.00 horas, cunha representación de músicos de entre 11 e 30 anos
28 equipos participarán en Cerdido na primeira Ruta Turística en Automóbil da UD Cebarca
A proba celebrarase este sábado, 24 de outubro, cun percorrido duns 50 quilómetros puntuable para o Open de Rutas Turísticas Ferrolterra 2026. As saídas comezarán ás 16.00 horas desde o Mesón O Froallo
O Feirón de Valdoviño regresa este domingo con produtos variados e un posto do alumnado do CPI Atios
Os estudantes de 4º da ESO venderán produtos para recadar fondos coa vista posta na súa excursión de fin de curso a Tenerife
O Cine Alovi das Pontes acollerá unha representación teatral de Tarabela Creativa
Terá lugar o venres 23, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal Cine Alovi das Pontes
As festas de San Xiao volverán en 2027 a Moeche tras tres anos sen celebracións
Tres veciños impulsan a recuperación da festa e xa preparan unha celebración de Fin de Ano na nave do mercado, aínda sen cartel nin programación confirmada
Pontedeume organiza dúas actividades gratuítas sobre os beneficios do exercicio físico nas persoas con cancro
A Cátedra AECC-UDC organiza unha charla e un obradoiro na Fundación Abanca para dar a coñecer como a actividade física pode contribuír ao benestar e á calidade de vida dos pacientes oncolóxicos
Unha nova edición da Feira de Fungos e Cogomelos chega ás Pontes a finais de mes
A cita celebrarase os días 31 de outubro e 1 de novembro cun programa que combina saídas micolóxicas, exposicións, obradoiros de cociña, mercados, concertos e degustacións gastronómicas
Cedeira celebrará o tradicional Samaín nas tardes do 30 e 31 de outubro
Instalaranse carpas no Paseo da Mariña para acoller obradoiros e exposición de caveiras talladas e desenvolverase o pasarrúas das pantasmas
Fillas de Cassandra traerá o seu novo disco 'Tertúlia' ao escenario do Pazo da Cultura
O dúo vigués actuará o 31 de outubro ás 20.00 horas cun espectáculo que combina música, baile e unha proposta escénica que vai da intimidade da casa á enerxía da verbena
Un magosto para toda a familia encherá de actividades o San Martiño do Porto, en Cabanas
A xornada do sábado 17 de outubro combinará talleres infantís, castañas, chocolate, liscos e música de Alberto Bellón
A hostalería de Cedeira prepara a sétima edición do certame Tapas de Outono
O concurso celebrarase do 13 ao 15 de novembro, con petiscos a tres euros, e os establecementos interesados poderán inscribirse ata o 14 de outubro
O mel galego máis premiado reunirá en Narón a apicultores, gastronomía e tradición
A XXV Feira do Mel e da Produción Primaria celebrarase o domingo 18 de outubro no Recinto Feiral do Trece con degustacións, demostracións culinarias e actividades para toda a familia
Cerdido renderá homenaxe a Montero Santalha como Fillo Predilecto o 24 de outubro
O municipio recoñece a traxectoria do filólogo e profesor nacido en Casaldegonce, unha figura destacada na defensa da lingua e da cultura galegas
Ferrol reivindica o mercado como punto de encontro entre gastronomía, comercio e produto local
A iniciativa 'Prato de Mercado' levou á Magdalena profesionais da restauración e do comercio nunha xornada con degustacións e cociña en directo
Eventos
Unha xincana 'sen filtros' levará a saúde mental ao Parque de Freixeiro este sábado
A actividade do Concello de Narón estará aberta a persoas adultas e menores desde os 12 anos, con tres quendas entre as 10.30 e as 14.00 horas
A Casa do Mel de Goente convoca as Xornadas Apícolas do Eume na Feira do Mel
Terán lugar o 9 e 10 de outubro na Casa do Mel de Goente, coincididno coa XVI Feira do Queixo e do Mel, prevista para o día 11 na mesma localidade
Sabores da comarca toman Ferrol este sábado cunha feira dedicada aos produtos de proximidade
Dezaseis produtoras e produtores ofrecerán os seus produtos na alameda de Suances, nunha xornada con degustacións, obradoiros, charlas e actividades para todos os públicos
A Faeira prepara as festas na honra da Virxe do Rosario cunha ampla programación musical
A programación comezará o venres cunha churrascada popular prevista para as 22.00 horas
As Pontes volve convocar o MOVA para os días 31 de outubro e 1 de novembro
Todos aqueles comercios interesados en participar poderán inscribirse, ata o 7 de outubro
Cabalos, xantar e festa familiar marcarán a III Ruta Cabalar Cidade de Narón
A cita será o 10 de outubro cun percorrido a cabalo, comida popular e actividades para os máis pequenos nas naves da Feira do Trece
A fabada e o produto local serán protagonistas da décima Feira da Faba o 11 de outubro
A cita reunirá en Moeche postos de fabas, artesanía e doces, ademais dunha degustación, música, concursos e un sorteo de produtos








