A cuarta Ruta Turística Vila de Ortigueira celebrarase o 28 de novembro

FerrolXa
A inscrición abre o prazo para anotarse ata 25 de novembro
ORTIGUEIRA 4ª ruta turistica
16 Nov 2026

As persoas afeccionadas ao motor teñen unha nova cita o vindeiro sábado 28 de novembro coa cuarta edición da Ruta Turística Vila de Ortigueira, que permitirá percorrer a contorna do municipio nunha xornada de convivencia e gozar dunha cea ao remate do percorrido.

A inscrición ten un prezo de 70 euros por coche para dúas persoas e inclúe a cea de fin de ruta. A organización sinala que pode participar calquera tipo de vehículo e que haberá trofeos tanto para a categoría Open como para os equipos locais. A proba forma parte do calendario puntuable das Rutas Turísticas Ferrolterra.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o mércores 25 de novembro, ás 20.00 horas, en Talleres Trevin, en Ortigueira. Para solicitar máis información, a organización facilita os teléfonos de Trevin (690 038 594), Rai (627 124 765) e Rafa (636 641 602).

A entrega de dorsais terá lugar o mesmo día da ruta, ás 15.00 horas, no Almacén de Laura. A iniciativa está organizada por ACAP e Motor Club Ortegal, coa colaboración do Concello de Ortigueira e varios establecementos e empresas da zona.

0.16691088676453