A maxia e a música tradicional protagonizan a programación cultural deste domingo en Pontedeume

FerrolXa
O Concello celebrará unha nova rolda de Los Trasnochadores del Eume e ampliará o Festival de Maxia cun espectáculo gratuíto de David Méndez na Alameda de Raxoi
PONTEDEUME eventos 2 agosto
2 Aug 2026

A programación cultural de este domingo 2 de agosto ofrecerá dúas propostas para todos os públicos en Pontedeume, coa música tradicional e a ilusión como grandes protagonistas da xornada.

A primeira cita chegará ás 13.00 horas na Alameda de Raxoi, onde o Festival de Maxia incorporará unha nova actividade á súa programación coa actuación 'Maxia de Aquí e de Acolá', a cargo do ilusionista David Méndez. O espectáculo amplía a oferta do primeiro día do festival cunha proposta gratuíta pensada para o público familiar.

Xa pola noite será a quenda dunha nova edición da tradicional rolda de Los Trasnochadores del Eume, que volverán percorrer as rúas do casco histórico levando a música popular a diferentes recunchos da vila.

O percorrido comezará na praza de España e continuará pola rúa Inmaculada, praza do Conde, avenida Lombardero, rúa Betanzos e rúa Real de Arriba, para finalizar na praza Real.

Con estas actividades, o Concello continúa desenvolvendo a programación cultural do verán, que nos próximos días tamén incluirá iniciativas relacionadas co eclipse solar, como un obradoiro infantil e unha charla divulgativa previstas para o martes 4 de agosto.

0.091130971908569