A música e o polbo protagonizan as festas de San Mamede de Laraxe esta fin de semana

FerrolXa
As celebracións ofrecerán actuacións musicais o sábado e unha sesión vermú con animación e degustación de polbo o domingo
CABANA festas san mamede laraxe
8 Aug 2026

A parroquia de Laraxe, no municipio de Cabanas, celebrará esta fin de semana as tradicionais Festas de San Mamede, cun programa no que a música en directo e o ambiente festivo serán os grandes protagonistas.

A programación arrancará o sábado 8 de agosto, ás 21.30 horas, cunha gran verbena no local social de Laraxe. Sobre o escenario actuarán Fran Nogueira e Lucía Fraguela, ademais do grupo Los Hombres de Diego, que serán os encargados de poñer ritmo á primeira noite das festas.

As celebracións continuarán o domingo 9 de agosto a partir das 13.00 horas coa tradicional sesión vermú. A xornada contará coa actuación de Los Alcántara e DJ Gelo, ademais da presenza do Pulpeiro Óscar, que ofrecerá polbo para todas as persoas asistentes.

As festas están organizadas polo Ambigú Scard, coa colaboración da comisión saínte, que anima á veciñanza e aos visitantes a participar nunha fin de semana de convivencia, música e gastronomía.

0.11614108085632