A Pasaxe do Medo levará o terror aos Xardíns de Lombardero durante o festival Vila das Lendas

O terror será un dos protagonistas da primeira edición de 'Vila das Lendas', o festival literario de Pontedeume que se celebrará os días 6, 7 e 8 de novembro. Entre as propostas da programación figura a Pasaxe do Medo, unha actividade que converterá os Xardíns de Lombardero nun escenario de misterio e sustos.
A cita terá lugar o sábado 7 de novembro, en horario de 20.00 a 22.00 horas, e estará dirixida ao público xuvenil e adulto. A organización propón aos asistentes adentrarse nun percorrido no que os personaxes das historias máis arrepiantes agardarán en cada recuncho, con sorpresas ao longo da experiencia.
A actividade súmase á programación de 'Vila das Lendas', que tras ser aprazado polas consecuencias do accidente ferroviario de Toledo e o correspondente loito nacional, trasladou a súa primeira edición ás novas datas do 6 ao 8 de novembro.
O festival nace coa intención de recuperar e divulgar o patrimonio da tradición oral galega a través da literatura, as lendas e os relatos populares, cun programa que combina encontros con escritores, debates, espectáculos e obradoiros.