A Sala Curuxeiras acollerá desde este venres a exposición 'Sensaciones' da pintora Chechela García

FerrolXa
A mostra reúne medio cento de óleos e poderá visitarse ata o 27 de setembro na sala de exposicións da Autoridade Portuaria
FERROL cuadro chechela
18 Sep 2026

A Sala Curuxeiras do porto de Ferrol inaugura este venres unha nova exposición de pintura. Trátase de 'Sensaciones', unha mostra da artista Chechela García que reúne arredor de medio cento de obras e que poderá visitarse ata o próximo 27 de setembro.

A inauguración terá lugar este venres 18 de setembro ás 19.00 horas na sala de exposicións da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, en Curuxeiras. A exposición poderá visitarse de luns a venres de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas. Durante as fins de semana, o horario será de 12.00 a 14.30 horas.

Unha mirada entre a realidade e a fantasía

'Sensaciones' presenta unha selección de pinturas nas que Chechela García combina elementos recoñecibles con achegas procedentes da fantasía e da súa propia interpretación.

A artista busca que cada cadro sexa capaz de transmitir emocións e que, ao mesmo tempo, permita que cada visitante realice a súa propia lectura da obra. O proceso creativo parte da imaxinación e das experiencias persoais da autora, polo que cada pintura incorpora tamén unha parte da súa propia visión.

Chechela García é unha artista autodidacta que comezou a pintar polo seu interese polas diferentes disciplinas artísticas, especialmente pola pintura e a escultura. A súa traxectoria nace dunha inquietude persoal e foi evolucionando a través da práctica e da experimentación, un proceso que lle permitiu desenvolver progresivamente unha linguaxe artística propia.

A proposta está pensada para todos os públicos, incluídos os máis pequenos, coa intención de estimular a curiosidade, a imaxinación e a capacidade de interpretar o arte desde unha perspectiva persoal.

0.11792302131653