Cultura
O Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas de Moeche incorpórase á rede galega de centros museísticos
O Consello da Xunta aprobou a súa cualificación como centro de interpretación do patrimonio cultural, unha categoría que conta con outros cinco espazos e que eleva a 101 os equipamentos integrados no sistema
O Talentiño reunirá en Canido música, danza e maxia nun festival solidario contra o cancro
Gañadores e finalistas de distintas edicións do certame actuarán o domingo 8 de novembro no Centro Cívico de Canido, cunha entrada inversa e sorteos para recadar fondos destinados a entidades oncolóxicas
Os contos máis misteriosos da tradición galega chegarán á Capela para celebrar o Samaín
A Biblioteca Municipal organiza o luns 2 de novembro unha sesión de narración oral con Caxoto, que achegará ao público infantil historias de medo protagonizadas pola Santa Compaña, o Lobishome ou as mouras
Cedeira recupera a súa xincana do Samaín cun percorrido polo casco vello
A actividade celebrarase este sábado 31 de outubro a partir das 17.00 horas e está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 15 anos, organizados en equipos de ata cinco participantes
O cine convértese nunha ferramenta para falar de saúde mental en Narón durante o mes de novembro
O ciclo dos Mércores de Cine, organizado polo cineclube Serie B, abordará a soidade, os coidados, as dinámicas familiares e a identidade de xénero a través de catro películas, con coloquios coordinados pola Escola de Benestar
O cine sobre a posguerra e a superheroína ‘Nabiza Girl’ protagonizan a semana cultural de Neda
A programación inclúe este martes a proxección de ‘La buena letra’ e o venres o espectáculo ‘Nabiza Girl’, con entradas a dous euros
Unha casa do terror, cabazas e un paseo de candeas protagonizan o Samaín de Narón en San Mateo
A festa celebrarase o sábado 31 de outubro con obradoiros, xogos, música en directo e unha degustación de caldo e liscos. O venres 30, o Pazo da Cultura acollerá a proxección gratuíta de 'Monstruos, S. A.'
John Thompson presenta en Canido un libro sobre a memoria histórica e a matanza de Badaxoz
O encontro celebrarase este venres ás 20.00 horas no Centro Cívico de Canido, dentro do ciclo Asaltos Literarios, e incluirá música en directo de Lupe Cés e Ramiro Carrodeguas
As Pontes celebra o Día das Bibliotecas con dous espectáculos para achegar a lectura e a cultura ao público infantil
A primeira das propostas terá lugar hoxe, ás 18:00 horas, en Alovi, coa representación de 'Rato Pérez', a cargo da Xanela do Maxín
A autora Raquel Calvo presentará en Valdoviño o seu libro sobre a historia do feminismo
A publicación, titulada 'Nosotras. Historia ilustrada del feminismo', está editada por Litera e conta coas ilustracións de Mariona Cabassa
O galego, a debate en cinco mesas de traballo en Ferrol para actualizar o plan de normalización lingüística
O Concello organizará encontros entre o 28 de outubro e o 5 de novembro para analizar a situación do idioma e recoller propostas das entidades asociativas máis de vinte anos despois da aprobación do plan municipal
Neda proxectará este mes dúas películas do Ciclo nacional de cine e mulleres rurais
'Lo que queda de ti', escrita e dirixida por Gala Gracia, unha das novas voces do cine español, será o primeiro dos títulos dos que poderá desfrutar a veciñanza nedense
A Biblioteca de Narón programa tres actividades a semana do Día das Escritoras e do Día das Bibliotecas
Entre o 19 e o 24 de outubro, a biblioteca acolle unha conversa con autoras locais, un espectáculo de narración oral e unha proposta para as familias
Alingua co CCG impulsarán a promoción e o uso do galego entre as familias de Narón a través dun acordo
A primeira acción será un encontro con familias do programa Apego o 7 de novembro en Santiago para coñecer os seus hábitos de lecer en galego
Cabanas acolle o domingo o encontro 'Piadoiro: o problema é o molde' sobre neurodiversidade
A actividade conta coa colaboración do Concello e celebrarase na Escola Laica
A exposición 'Nós somos Elas' chega á Casa Dospeso das Pontes para reivindicar o papel das mulleres na historia
A mostra reúne 24 retratos procedentes do Arquivo Fotográfico Vidal, realizados por José María Vidal, histórico fotógrafo de Laxe
Aitana Sánchez-Gijón actúa en Narón no Pazo da Cultura coa 'Malquerida' de Jacinto Benavente
A revisión da obra do Premio Nobel, dirixida por Natalia Menéndez, fai parada en Narón con dúas funcións dentro da programación do Padroado da Cultura
Eventos
O espectáculo familiar ‘Voo’ chega este venres ao Auditorio Municipal Cine Alovi das Pontes
A función comezará ás 18.00 horas e convidará o público a emprender unha viaxe imaxinaria na que a danza, a música, a poesía visual e a creatividade serán as protagonistas
As Pontes acolle a proxección do documental 'Salvaxe, salvaxe' dentro do programa Outono das Artes
A obra, estreada en 2024 e cunha duración de 86 minutos, ofrece unha reflexión sobre a natureza e a relación dos seres humanos co resto de seres vivos
Neda pecha o ciclo de cinema documental cunha curtametraxe sobre o Mar Exeo
A Casa da Cultura acolle este venres, ás 20:30 horas, a película de Antón Taboada sobre a memoria do naufraxio e a transformación dos restos en arte
Tres sesións de cine achegarán a realidade das mulleres rurais a Mañón e Neda este outubro
O programa estatal inclúe unha película en O Barqueiro e dúas na Casa da Cultura de Neda, acompañadas de coloquios e propostas para dar protagonismo ás mulleres do rural
A mocidade de Ares xa pode poñer en imaxes a súa particular mirada sobre o municipio
O X Concurso de Fotografía Xuvenil admite traballos ata o 2 de novembro e premiará as mellores propostas con cámaras, tablets e lotes de libros
Cedeira convértese este mes nun laboratorio de teatro, danza e creación escénica con 'Dende a Nada'
A terceira edición do festival reunirá espectáculos, cinema e obradoiros con artistas de Galicia e do Reino Unido, abertos tamén a persoas sen experiencia previa
O ciclo Orixe levará oito concertos a seis salas galegas ata marzo de 2027
A programación, apoiada pola Xunta, reunirá once artistas e grupos e percorrerá A Coruña, Vilar de Santos, Lugo, Vigo, Vilanova de Arousa e Pontedeume










