Ares celebra o Día das Bibliotecas con obradoiros, contacontos e un espectáculo familiar

O Concello de Ares conmemora o Día das Bibliotecas 2026 cunha programación dirixida ao público infantil e familiar que incluirá obradoiros, sesións de contacontos e un espectáculo de artes escénicas. As actividades desenvolveranse entre o martes 20 e o venres 23 de outubro na Biblioteca Municipal.
A programación comezará o martes 20 de outubro con dous obradoiros adaptados a diferentes idades. O primeiro grupo, destinado a nenos e nenas de 3 a 6 anos, comezará ás 16.30 horas, mentres que o segundo, para participantes de 7 a 10 anos, terá lugar ás 18.00 horas. Ambas as sesións celebraranse na Biblioteca Municipal e terán un custo de 3 euros por participante.
O xoves 22 de outubro será a quenda dos contacontos coa actividade O conto que fai clap, a cargo de Sonia Hermida. A sesión comezará ás 18.30 horas na Biblioteca Municipal e estará dirixida ao público infantil e familiar. A entrada será de balde.
A programación rematará o venres 23 de outubro co espectáculo Mesón as tres gracias-Casa de comidas, da compañía de artes escénicas A Run Run. A representación comezará ás 18.30 horas e estará destinada tamén ao público infantil e familiar, con entrada gratuíta.
As inscricións para os obradoiros están abertas desde o 13 de outubro a través desta ligazón. Para participar nas actividades será necesario realizar a inscrición correspondente.