As Olimpiadas Rurais de Couzadoiro regresan en setembro a Ortigueira con xogos tradicionais, comida e música

FerrolXa
A cita celebrarase o sábado 12 de setembro no Romaxe do Loreto, e incluirá probas como a carreira de carretilla, o lanzamento de pa e o tiro da corda
ORTIGUEIRA olimpiadas rurais 2026
19 Aug 2026

As tradicións e os xogos populares volverán tomar protagonismo en Ortigueira o próximo sábado 12 de setembro coa celebración da XIII edición das Olimpiadas Rurais de Couzadoiro, unha xornada organizada pola Asociación de Couzadoiro que combinará actividades tradicionais, gastronomía e música.

A programación comezará ás 12.00 horas coa misa e a ofrenda floral á Virxe do Loreto, na igrexa de San Cristovo. Ás 13.00 horas será a quenda da música con 'Os Cantaberreiros', que ofrecerán a proposta 'Música entre as maciñeiras'.

O xantar está previsto para as 14.00 horas e incluirá paella, churrasco, sobremesa e bebidas. O prezo será de 25 euros para as persoas socias e 30 euros para as non socias.

As prazas para o xantar deberán reservarse antes do 9 de setembro ou ata completar o aforo. As reservas poden realizarse nos teléfonos 659 896 886, 649 178 619 e 620 316 723.

Carreiras, lanzamentos e xogos tradicionais

A partir das 16.30 horas chegará un dos momentos centrais da xornada co inicio das Olimpiadas Rurais e das Olimpiadas Infantís.

As persoas participantes poderán poñerse a proba en diferentes desafíos inspirados nos xogos e tarefas tradicionais, como a recollida de carrozas, carreira de carretillas por parellas, lanzamento de pa, subida ao eucalipto, refregamento de maínzo, corte con tronzador e tiro da corda por equipos.

Tamén haberá unha carreira de sacos familiar, pensada para favorecer a participación de persoas de diferentes idades.

A entrega de premios terá lugar ás 20.00 horas, unha vez rematadas as diferentes probas.

Cea e música para rematar

A programación continuará ás 21.30 horas cunha cea na que se servirán callos e empanada vexetal.

A parte musical da noite contará coas actuacións de Sanjurjo & Dopico, Faíscas da Pontraga e Quique Otero, que poñerán o peche a unha xornada dedicada á recuperación e posta en valor das tradicións rurais.

As XIII Olimpiadas Rurais de Couzadoiro desenvolveranse no marco da Romaxe do Loreto e contan coa colaboración do Concello de Ortigueira e da Xunta de Galicia.

0.10332298278809