Asociacións
As asociacións de Cabanas dispoñen ata o 25 de novembro para solicitar as axudas municipais
O Concello reserva 15.000 euros para apoiar proxectos culturais, educativos, deportivos e actividades veciñais
O Memorial de Canido acollerá este sábado unha homenaxe ás vítimas do franquismo
A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática organizará ás 12:00 horas unha ofrenda floral con lembranzas especiais a María Vázquez Suárez e Xaime Quintanilla Martínez, asasinados en 1936
FerrolXa
A Plataforma por un Transporte Digno chama a secundar a folga xeral do 11 de novembro
A entidade de Ferrolterra, Eume e Ortegal súmase á convocatoria contra a suba dos alugueiros e o custo da vida e anima a participar no paro no traballo, nos estudos, nos coidados e no consumo
As entidades sen ánimo de lucro poderán solicitar desde este xoves as axudas municipais de 2026
O Concello destina 4.000 euros a unha convocatoria para financiar actividades, equipamento e melloras nas instalacións das asociacións
Aberto o prazo para solicitar as subvencións destinadas ás asociacións locais de Cariño
As entidades interesadas deberán presentar as solicitudes a través da sede electrónica municipal antes do 9 de novembro
San Martiño regresa a Covas tras varios anos sen celebrarse cunha xornada de festa, tradición e música
A recentemente constituída Comisión de Festas de Cobas recupera a celebración o domingo 15 de novembro cunha misa solemne, procesión, comida popular e música en directo
A Operación Quilo busca alimentos e voluntarios para apoiar as familias de Narón
A campaña desenvolverase os días 1, 2 e 3 de outubro en nove puntos de recollida e o Centro de Recursos Solidarios pide colaboración puntual
Valdoviño recuperará a memoria mariñeira a través dun proxecto que une patrimonio, cultura e inclusión
A iniciativa MARIS, impulsada pola ASCM, dará protagonismo ás persoas con discapacidade na recuperación de saberes, oficios e tradicións vinculadas ao mar
'Queremos que este sexa un proxecto de todas e todos': Covas prepárase para recuperar as súas festas
A nova Asociación Cultural-Comisión de Festas de Cobas-Ferrol nace coa intención de recuperar celebracións como San Martiño e as Cabazas e xa traballa cunha primeira cita marcada para o 15 de novembro
12.500 euros para dar voz ás mulleres migrantes que traballan no fogar e nos coidados
A Asociación Movilidad Humana recibe o VIII Premio Luísa Villalta polo proxecto 'Coidados sen coidado', que converterá as propias participantes en protagonistas dun relato audiovisual colectivo
Unha viaxe desde As Somozas permitirá descubrir Salamanca e Zamora nunha fin de semana
A excursión, organizada pola Asociación de Veciños A Cañota en colaboración co Concello, será os días 3 e 4 de outubro e terá un prezo desde 150 euros
Un acto na praza de Amboaxe abre en Ferrol o debate sobre a memoria do marqués e o pasado colonial da súa familia
O Colectivo Decolonial reuniu a arredor de trinta persoas nunha iniciativa con intervencións de investigadores, poesía e música
'Labacengos non é só o lugar onde vivimos: é unha comunidade que construímos entre todos'
A Asociación de Veciños de Labacengos, creada en 2004, manten unha intensa actividade durante todo o ano con propostas culturais, deportivas, gastronómicas e solidarias que buscan reforzar a convivencia e manter vivas as tradicións
Un 'antitributo' cuestionará en Ferrol a memoria do Marqués de Amboaxe e o seu legado ligado á escravitude
O Colectivo Decolonial de Ferrol convoca este domingo na praza de Amboaxe un acto de memoria reparadora que pretende poñer o foco no pasado colonial e escravista relacionado coa figura do coñecido benefactor ferrolán
A asociación Nordés dedica a XVI edición das Xornadas “Memoria dun Tempo” á historia de Mañón
Os encontros desenvolveranse do 20 ao 22 de agosto no Barqueiro e abordarán desde diferentes perspectivas os feitos acontecidos no municipio durante o golpe militar e as décadas posteriores
A X Solidaria permitiu desenvolver 40 proxectos de COGAMI e das súas entidades membro en Galicia
Os fondos do 0,7 % do IRPF financian 11 programas de atención directa e 29 actuacións de investimento e mellora de centros, con máis de 4.300 persoas beneficiarias
A Feira do Porco ao Espeto volverá reunir gastronomía, música e ambiente festivo o 22 de agosto
O Concello de Narón e a Asociación Veciñal A Pombiña presentan a terceira edición da cita, que porá á venda 400 tickets para a cea popular










