Cabanas acolle o domingo o encontro 'Piadoiro: o problema é o molde' sobre neurodiversidade

FerrolXa
A actividade conta coa colaboración do Concello e celebrarase na Escola Laica
tarde-piache-alex-prieto
17 Oct 2026

A Escola Laica de Cabanas acollerá este domingo, 18 de outubro, ás 17.00 horas, o encontro Piadoiro: o problema é o molde, unha actividade organizada por Tarde Piache, que abordará a neurodiversidade e a importancia de cuestionar os modelos establecidos.

A sesión contará coa participación de Álex Prieto Mateus, director dos curtametraxes de animación Kill Everyone e Cry Afterwards, e de NeuroNais, un colectivo de familias pola neurodiversidade.

A proposta busca crear un espazo de conversa arredor da neurodiversidade e das dificultades que poden xurdir cando as persoas non encaixan nos moldes sociais establecidos.

A actividade conta coa colaboración do Concello de Cabanas e celebrarase na Escola Laica, situada na avenida da Torre, número 40.

0.18575406074524