Cedeira recupera a súa xincana do Samaín cun percorrido polo casco vello

FerrolXa
A actividade celebrarase este sábado 31 de outubro a partir das 17.00 horas e está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 15 anos, organizados en equipos de ata cinco participantes
CEDEIRA xincana samain
31 Oct 2026

A actividade celebrarase este sábado 31 de outubro a partir das 17.00 horas e estará dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 15 anos, con probas e desafíos polas rúas do centro histórico

Cedeira volverá celebrar a súa xincana do Samaín este sábado 31 de outubro cunha proposta pensada para que os máis pequenos poñan a proba a súa valentía. A actividade comezará ás 17.00 horas na praza do Concello e desenvolverase polas rúas do casco vello.

A iniciativa está dirixida á rapazada de entre 3 e 15 anos, que participará en equipos dun máximo de cinco integrantes. As crianzas menores de sete anos deberán ir acompañadas dunha persoa adulta.

A xincana forma parte da programación de Samaín impulsada polo Concello de Cedeira e propón unha tarde de probas e desafíos polo centro histórico, nunha convocatoria que o propio Concello presenta como unha cita 'só apta para valentes'.

0.15268588066101