Cinco fotógrafos amosan a súa particular visión de Pontedeume na exposición 'Olladas do Eume'

pasan desapercibidos no día a día. Esa é a proposta de 'Olladas do Eume', a exposición colectiva que reúne na Casa da Cultura de Pontedeume os traballos de cinco fotógrafos que comparten a súa particular visión da vila e da súa contorna.
Daniel Sande, Ángeles Vázquez, Carlos I. Romero, Rosa Manteiga e Sofía Allegue son os autores desta mostra, que parte dunha mesma localización para ofrecer diferentes perspectivas a través da imaxe. Cada mirada contribúe a construír unha visión plural de Pontedeume, nun percorrido visual que invita a deterse na súa beleza, observar o patrimonio desde outros puntos de vista e redescubrir espazos que forman parte da identidade local.
A iniciativa busca tamén poñer en valor a fotografía como ferramenta para interpretar e apreciar o territorio. As imaxes permiten observar desde novas perspectivas lugares coñecidos e reparar na riqueza da contorna eumesa, nunha proposta aberta a todas as persoas interesadas na creación artística e na fotografía.
A exposición poderá visitarse na Casa da Cultura de Pontedeume desde o 17 de novembro ata o 1 de decembro. O horario de apertura será de 18.00 a 20.00 horas, polo que o público disporá de dúas semanas para achegarse á mostra e coñecer as cinco visións reunidas baixo o título 'Olladas do Eume'.