Jandross Rodríguez inicia a súa residencia artística no Pazo da Cultura de Narón

FerrolXa
O bailarín e creador galego traballará ata o 5 de setembro na proposta 'Suksen', que aborda a fetichización do imaxinario popular ligado ao velorio e ao loito
NARÓN jandross
1 Sep 2026

O bailarín e creador galego Jandross Rodríguez iniciou este martes a súa participación nas Residencias Paraíso 2026, impulsadas polo Colectivo RPM, cunha estadía no Pazo da Cultura de Narón que se prolongará ata o venres 5 de setembro.

Durante estes días, o artista desenvolverá a súa proposta 'Suksen', unha peza que nace da curiosidade arredor da fetichización do imaxinario popular relacionado co acto de velar e manter loito.

A residencia rematará cunha mostra aberta do traballo en proceso, que terá lugar o venres 5 de setembro, ás 20.00 horas, no propio Pazo da Cultura de Narón. A entrada será libre.

Rodríguez continuará posteriormente o seu traballo cunha segunda residencia artística dentro do mesmo programa. Esta desenvolverase entre o 21 de setembro e o 3 de outubro na Casa da Cultura de Vimianzo, onde ofrecerá outra mostra aberta do proceso o propio 3 de outubro, ás 20.00 horas.

Ademais, o creador participará xunto ao resto de Artistas Paraíso 2026 no encontro anual promovido polo Colectivo RPM, que terá lugar os días 18, 19 e 20 de setembro na Illa de San Simón, en Redondela.

As Residencias Paraíso son un proxecto impulsado polo Colectivo RPM e financiado pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e por diferentes institucións coprodutoras do programa.

0.08800196647644