O Nadal ferrolán volverá contar con Papá Noel e os Reis Magos e celebracións no rural

FerrolXa
A Xunta de Goberno local de Ferrol aprobou hoxe o expediente de contratación do servizo de produción e execución da cabalgata
cagalgata-de-reis-ferrol
19 Oct 2026

A Xunta de Goberno local de Ferrol aprobou hoxe o expediente de contratación do servizo de produción e execución da cabalgata de Nadal 2026 e das cabalgatas de Reis Magos 2027 na zona urbana e no rural por un importe de 197.318,70 euros.

O Concello de Ferrol avanza, así, na organización dunha das citas máis destacadas do calendario de nadal, especialmente para os máis pequenos, que volverán ter a oportunidade de gozar da presenza de Papá Noel e dos Reis Magos na cidade.

A primeira cita será o 24 de decembro de 2026 coa Cabalgata de Papa Noel, que incluirá actividades en horario de mañá na zona de Caranza e en horario de tarde. Xa en xaneiro do 2027, os Reis Magos percorrerán diferentes puntos da zona rural os días 3 e 4 de xaneiro de 2027, antes de protagonizar a tradicional cabalgata polas rúas da cidade o 5 de xaneiro.

O contrato divídese en tres lotes, atendendo ás características e necesidades organizativas de cada unha das celebracións: o lote 1. Cabalgata de Reis da zona urbana: comprende a organización e o desenvolvemento do desfile do 5 de xaneiro de 2027; o lote 2 cabalgatas de Reis Magos da zona rural: inclúe os actos previstos para os días 3 e 4 de xaneiro de 2027 e o lote 3. Cabalgata de Nadal: abrangue os actos do 24 de decembro de 2026, tanto pola mañá en Caranza como pola tarde. A contratación permitirá dispoñer dos medios humanos, técnicos, materiais e artísticos necesarios para o correcto desenvolvemento de todas as actividades.

0.10828495025635